DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 10 de abril de 2024 Páx. 22754

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 2 de febreiro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública a solicitude de obra de peche de parcela no concello de Fene (expediente DH.W15.96822).

En cumprimento do previsto no artigo 78 ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización/legalización de obras:

Solicitante: María Josefa Fernández Lorenzo.

DNI: 3261*****.

Expediente: DH.W15.96822.

Lugar: rúa Pablo Ares Feal, nº 40 (referencia catastral: 5526544NJ6152N0001BG).

Parroquia: Barallobre (Santiago).

Concello: Fene.

Descrición das obras:

As obras solicitadas consisten no peche de parcela mediante postes e valos de formigón prefabricado.

A documentación estará dispoñible para a súa consulta no portal da internet de Augas de Galicia (http://augasdegalicia.xunta.gal), na sección denominada participación pública, así como nas oficinas deste servizo situadas na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9º andar, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe, cita previa no teléfono 981 18 25 30.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 2 de febreiro do 2024

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica
de Galicia Norte