DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 2024 Páx. 22991

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Aranga

ANUNCIO da convocatoria de selección de persoal para dúas prazas de administración da Administración xeral de secretaría e de intervención.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local de Aranga, do 29 de febreiro de 2024, aprobáronse as bases e a convocatoria para a selección de persoal, mediante concurso-oposición, das seguintes prazas incluídas na oferta de emprego público de 2022.

Código

Grupo

Subgrupo

Subescala

Sistema acceso

Nº de vacantes

01.00.00.05

C

C1

Administrativa xeral

Promoción interna (Secretaría)

1

01.00.00.06

C

C1

Administrativa xeral

Promoción interna (Intervención)

1

Ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

No taboleiro de anuncios da sede electrónica deste concello: sede.aranga.gal aparecen integramente publicadas as bases que rexerán a convocatoria e o proceso de selección.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicarase na sede electrónica deste concello.

Aranga, 18 de marzo de 2024

Alberto Platas Álvarez
Alcalde