DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 2024 Páx. 23222

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información (Diario Oficial de Galicia número 129, do 7 de xullo), pola que se fan públicos os resultados do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 4 de abril de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 21 de decembro de 2023 (DOG do 2 de xaneiro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información (DOG do 7 de xullo),

ACORDA:

Primeiro. Revisadas as alegacións presentadas e de conformidade co disposto na base II.1.2.7 da convocatoria, determínase o seguinte:

Pola quenda de acceso libre:

– Anular as preguntas con número 43, 47, 54, 65, 69, 82, 121, 125, 146, 178 e a número R183 da parte específica. En consecuencia, valoraranse as preguntas de reserva cos números 184, 185 e 186 da parte específica.

– Desestimar as restantes alegacións e/ou reclamacións presentadas.

– O cuestionario definitivo pasa a ter 173 preguntas, das cales 40 se corresponden coa parte común do programa e 133 coa parte específica.

Respecto ao acceso por promoción interna:

– Anular as preguntas con número 3, 7, 14, 25, 29, 42, 81, 85, 106, 138 e R141. En consecuencia, valoraranse as preguntas de reserva con número 142, 143 e 144.

– Desestimar as restantes alegacións e/ou reclamacións presentadas.

– O cuestionario definitivo pasa a ter 133 preguntas.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 e na II.1.2.1 da convocatoria, o exercicio cualificarase de 0 a 60 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de trinta (30) puntos, tendo en conta que cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.

Para estes efectos, nos criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio aprobados polo tribunal na sesión do día 7 de marzo de 2024, en cumprimento da potestade de determinación do criterio de superación do exercicio, e publicados no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, estableceuse que superarían o primeiro exercicio as persoas aspirantes presentadas que cumprisen os seguintes criterios:

1. Na promoción interna, acaden o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes. Non obstante, de darse o caso de que o número de aspirantes que alcancen o 50 % das respostas netas sea inferior ao número de prazas convocadas para esta quenda, superarán o exercicio as persoas aspirantes que alcancen o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

2. No acceso libre, superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas nesta quenda, sempre que acaden o mínimo do 50 %, en cada unha das dúas partes, das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Subsidiariamente, de darse o caso de que o número de aspirantes que superen este exercicio non sexa o previsto no parágrafo anterior, superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas non cubertas conforme o previsto no parágrafo anterior, sempre que acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Terceiro. Feita a corrección e consonte os criterios anteriores, superaron o exercicio un total de catro (4) persoas aspirantes no acceso por promoción interna e de corenta e sete (47) persoas aspirantes no acceso libre.

Cuarto. Publicar no portal web corporativo da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal, as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023.

Quinto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. En correspondencia coa base II.1.1.2 e II.1.2.2 da Resolución do 5 de xullo de 2023 (DOG núm. 129, do 7 de xullo), respecto ao segundo exercicio, estarán exentas de realizar a primeira proba deste exercicio as persoas aspirantes que acrediten, dentro do prazo sinalado para presentar a solicitude para participar no proceso selectivo, posuír un grao de coñecemento da lingua inglesa correspondente a un nivel B2 ou superior, dentro do Marco común europeo de referencia. As titulacións equivalentes figuran como anexo IV da convocatoria.

Do mesmo xeito, estarán exentas da realización da segunda proba deste exercicio as persoas aspirantes que acreditaron que posuían o día da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG) o Celga 4 ou un título equivalente debidamente homologado, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

A exención da proba de inglés e da proba de coñecemento da lingua galega deberá acreditarse no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación no DOG desta resolución.

Sétimo. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2024

Alfonso Pereira Martínez
Presidente do tribunal