DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 15 de abril de 2024 Páx. 23706

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 1 de abril de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos á revisión do esbozo do expediente 17/73 e dez máis.

Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o Xurado, na reunión do 17.9.2012, acordou solicitar ao Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia, susceptibles de tal adecuación.

En relación con isto, na sesión celebrada polo Xurado Provincial o día 11.3.2024 figuran os seguintes acordos:

– MVMC Cortes (expediente 17/73), pertencente aos veciños de Cortes, parroquia de Seceda, concello de Folgoso do Courel.

O 27.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Cortes para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan.

O 9.1.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (2022_142), en que se recolle que a superficie do monte de Cortes pasa a ser de 265,89 hectáreas. Esta revisión ten en conta o deslindamento co MVMC Sudros e Miranda.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo I, ao final deste anuncio.

– MVMC Escrita e Monteiros (expediente 13/77), pertencente aos veciños de Seceda, parroquia de Seceda, concello de Folgoso do Courel.

O 27.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Seceda para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan.

O 4.1.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (2022_143), en que se recolle que a superficie do monte de Escrita e Monteiros pasa a ser de 1245,44 hectáreas. Esta revisión ten en conta o deslindamento co MVMC Coto Redondo.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo II, ao final deste anuncio.

– MVMC Coto Redondo (expediente 96/76), pertencente aos veciños de Casela e Parada, da parroquia de Santalla, concello de Samos.

O 3.7.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Casela e Parada para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 17.1.2024 a solicitude foi emendada.

O 23.1.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (2022_31), en que se recolle que a superficie do monte Coto Redondo pasa a ser de 861,12 hectáreas. Esta revisión ten en conta os deslindamentos cos montes MVMC Carballal, MVMC Trascastro e MVMC Escrita e Monteiros.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo III, ao final deste anuncio.

– MVMC Fonfría (expediente 98/75), pertencente aos veciños do lugar de Fonfría, da parroquia das Nogais, no concello das Nogais.

O 1.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Fonfría para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 1.12.2023 a solicitude foi emendada.

O 21.12.2023, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (2022_62), en que se recolle que a superficie do monte Fonfría pasa a ser de 86,52 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo IV, ao final deste anuncio.

– MVMC Penas do Caldeiro, Travesa, Raiola, Pedrafita e Pedreiras (expediente 39/80), pertencente aos veciños da parroquia de Adai, concello de Lugo.

O 8.3.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Adai para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Así mesmo, o 22.3.2022 e o 1.6.2022 presentaron unha mellora da dita solicitude.

Entre o 6.6.2022 e o 2.8.2022 tiveron entrada catro escritos de alegacións que foron trasladadas á comunidade de Adai para a súa consideración e sobre as que deu resposta o 19.12.2022, con indicación de que se ratifican na proposta. Argumentan que os terreos obxecto das alegacións están en parte do monte que non foi obxecto desta revisión de esbozo (existe unha iniciativa xudicial dunha parte do monte que se incorporou dentro do perímetro da concentración parcelaria de Ombreiro) ou ben son predios cuxa titularidade catastral é a favor da comunidade e non foron incorporados ex novo.

O 22.2.2024, o Servizo de Montes elaborou unha memoria co novo esbozo (2022_11), en que se recolle que os cambios son coherentes coas aclaracións da comunidade respecto das alegacións. A superficie resultante do monte Penas do Caldeiro, Travesa, Raiola, Pedrafita e Pedreiras pasa a ser de 327,56 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo V, ao final deste anuncio.

– MVMC Hospital (expediente 90/76), pertencente aos veciños do lugar do Hospital, da parroquia de Merlán, no concello de Palas de Rei.

O 1.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade do Hospital para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 1.12.2023 a solicitude foi emendada.

O 21.12.2023, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (2022_63), en que se recolle que a superficie do monte Hospital pasa a ser de 44,70 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo VI, ao final deste anuncio.

– MVMC Rebordelo (expediente 69/78), pertencente aos veciños da parroquia de Piñeira, no concello de Sarria.

O 19.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Piñeira para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan.

O 21.12.2023, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (2022_77), en que se recolle que a superficie do monte Rebordelo pasa a ser de 40,68 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo VII, ao final deste anuncio.

– MVMC Bouzón, Barquela e Serra de Rodís (expediente 82/77), pertencente aos veciños da parroquia de Vilar de Cabalos, no concello de Taboada.

O 19.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Vilar de Cabalos para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 25.11.2023 a solicitude foi emendada.

O 15.2.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (2022_81), en que se recolle que a superficie do monte Bouzón, Barquela e Serra de Rodís pasa a ser de 554,12 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo VIII, ao final deste anuncio.

– MVMC Laiosa (expediente 64/92), pertencente aos veciños da parroquia de Laiosa, no concello do Incio.

O 20.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Laiosa para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 19.12.2023 a solicitude foi emendada.

O 21.12.2023, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (2022_83), en que se recolle que a superficie do monte Laiosa pasa a ser de 32,10 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo IX, ao final deste anuncio.

– MVMC Vilasol (expediente 126/75), pertencente aos veciños de Vilasol, da parroquia de Padornelo, no concello de Pedrafita do Cebreiro.

O 20.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Vilasol para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan.

O 22.12.2023, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (2022_86), en que se recolle que a superficie do monte Vilasol pasa a ser de 103,99 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo X, ao final deste anuncio.

– MVMC Nande (expediente 77/75), pertencente aos veciños de Nande, da parroquia de San Cristovo do Real, no concello de Samos.

O 21.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Nande para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan.

O 29.1.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo (2022_93), en que se recolle que a superficie do monte Nande pasa a ser de 96,37 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo XI, ao final deste anuncio.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 1 de abril de 2024

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Lugo

ANEXO I

Esbozo do MVMC Cortes (Folgoso do Courel)

missing image file

ANEXO II

Esbozo do MVMC Escrita e Monteiros (Folgoso do Courel)

missing image file

ANEXO III

Esbozo do MVMC Coto Redondo (Samos)

missing image file

ANEXO IV

Esbozo do MVMC Fonfría (As Nogais)

missing image file

ANEXO V

Esbozo do MVMC Penas do Caldeiro, Travesa, Raiola, Pedrafita e Pedreiras (Lugo)

missing image file

ANEXO VI

Esbozo do MVMC Hospital (Palas de Rei)

missing image file

ANEXO VII

Esbozo do MVMC Rebordelo (Sarria)

missing image file

ANEXO VIII

Esbozo do MVMC Bouzón, Barquela e Serra de Rodís (Taboada)

missing image file

ANEXO IX

Esbozo do MVMC Laiosa (O Incio)

missing image file

ANEXO X

Esbozo do MVMC Vilasol (Pedrafita do Cebreiro)

missing image file

ANEXO XI

Esbozo do MVMC Nande (Samos)

missing image file