DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 15 de abril de 2024 Páx. 23611

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANUNCIO do 9 de abril de 2024 polo que se convoca o proceso selectivo para a provisión, mediante a contratación baixo a modalidade contractual predoutoral, regulada no artigo 21 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, no marco das axudas a proxectos de xeración de coñecemento do Plan estatal de investigación científica, técnica e de innovación 2021-2023, no marco do desenvolvemento do proxecto coordinado PID2022-139874-C22 Evolución e comportamento de praguicidas e dos seus produtos de transformación en presenza de emendas orgánicas no cultivo de millo forraxeiro en Galicia, de conformidade coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Anúnciase a convocatoria do proceso selectivo para a selección e contratación de persoal investigador baixo a modalidade de contrato predoutoral, titulado de grao superior universitario (grupo I, categoría IV) en ciencias químicas e cun máster en química ambiental, industrial ou equivalente para o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal).

O prazo de presentación das solicitudes será de dez (10) días hábiles, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases no Diario Oficial de Galicia (DOG). Terán o carácter de días inhábiles os sábados, os domingos e os festivos locais, autonómicos e nacionais. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

As bases do proceso de selección e os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan, de conformidade coas bases, publicaranse no enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios da Axencia Galega da Calidade Alimentaria:

https://agacal.xunta.gal/gl/institucional/persoal

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2024

José Luis Cabarcos Corral
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria