DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 16 de abril de 2024 Páx. 23954

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 21 de marzo de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada RA/DXM/CIM/2021/00105, interposto contra a resolución ditada no expediente XC-01755-O-2019.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acto que se indica, devolto polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, situadas no Complexo Administrativo de San Caetano, bloque 5, Santiago de Compostela, para o coñecemento da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio ou aquela en que se encontre a sede do órgano autor do acto orixinario impugnado (enténdese limitada esta posibilidade de elección só aos xulgados que se encontren dentro da circunscrición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia), de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da finalización do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2024

María Pilar Arias Graña
Secretaria xeral técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO

Número de recurso de alzada/número de expediente sancionador

Persoa interesada

Acto notificado

RA/DXM/CIM/2021/00105

XC-01755-O-2019

32648666M

Resolución de recurso