DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 16 de abril de 2024 Páx. 23989

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 3 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a convocatoria para o pagamento dos prezos xustos, acordados polo Xurado de Expropiación de Galicia, para os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación apoio e reconectador na LMT GON8032508, no concello de Baiona.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio comunícase a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación apoio e reconectador na LMT GON8032508, que se realizarán na casa do concello de Baiona, segundo o calendario e horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 3 de abril de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/472-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: instalación apoio e reconectador na LMT GON8032508.

Concello: Baiona.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

54003A026000660000HL

Guillade

Descoñecida

14 de xuño de 2024

13.00