DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 16 de abril de 2024 Páx. 24032

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vimianzo

ANUNCIO de información pública (expediente 2024/U040/000001).

Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 308/2024, do 15 de marzo de 2024, aprobouse inicialmente o proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta para a execución das obras de rehabilitación de urbanización existente con reposición de pavimentos, instalacións urbanas e iluminación en Braña da Grixa, desde AC-552 ata a esquina da rúa Codeseiras coa rúa Tedín, en Vimianzo, segundo o documento redactado pola entidade Estudio Técnico Gallego, S.A., e asinado polo arquitecto Isidro López Yáñez (colexiado núm. 2261 do COAG), presentado o 12 de marzo de 2024 (Rexistro de entrada núm. 202499900000475), en que inclúen a delimitación territorial do ámbito, a descrición dos bens e dereitos, titulares afectados, a fixación de prezos e as follas de xustiprezo individualizadas.

Polo que se somete a información pública por un prazo dun mes, para que as persoas que se consideren interesadas formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no relativo á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Así mesmo, requírense os titulares dos bens e dereitos afectados para que presenten os títulos que os acredite como os seus propietarios.

A relación de bens e dereitos afectados polo expediente expropiatorio é a seguinte:

Predio

Ref. catastral

Titular

Superficie expropiada (m²)

Superficie total (m²)

Clasificación solo

Situación básica

1

15093B501020590000JU

Lucida Fidalgo Rodríguez

100,00

215,00

Urbano

Rural

2

15093B501711940000JZ

Evaristo Pereira Núñez

Magdalena Gloria Ogando Diéguez

73,00

178,00

Urbano

Rural

3

15093B501011950000JG

Josefina Soto Lema

María Soto Lema

135,00

1.631,00

Urbano

Rural

4

15093B501012000000JT

María Jesús Esmorís Ameijeiras

400,00

5.415,00

Urbano

Rural

5

7531324MH9773S0001FW

Herdeiros de Secundina Rodríguez Toja

40,00

1.295,00

Urbano

Rural

6

15093B501012110000JI

Jesús Cernadas Valiña

Estrella Soto Pérez

73,00

1.119,00

Urbano

Rural

7

15093B501012100000JX

Carmen Rodríguez Toja

79,00

1.176,00

Urbano

Rural

8

15093B501012090000JJ

Carmen Rodríguez Toja

33,00

456,00

Urbano

Rural

9

15093B501012080000JI

Juan Vázquez Olveira

28,00

375,00

Urbano

Rural

10

15093B50101207000JX

Herdeiros de Jesús Esmorís Carballo

406,00

3.117,00

O expediente estará á disposición dos interesados na oficina técnica municipal, en horario de atención ao público.

Vimianzo, 18 de marzo de 2024

Mónica Rodríguez Ordóñez
Alcaldesa