DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 16 de abril de 2024 Páx. 24021

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 7 de marzo de 2024, da Área de Verteduras, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de vertedura no concello de Noia (expediente DH.V15.98712).

En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:

Solicitante: Hormigones Valle Miñor, S.A.

NIF: A-36623510.

Expediente: DH.V15.98712.

Lugar: San Paio.

Parroquia: Roo.

Concello: Noia.

Tipo de vertedura: augas residuais industriais de escorrega depuradas.

Caudal máximo anual: 6.565,34 m3/ano.

Punto de vertedura: X=513.137; Y=4.739.110.

Medio receptor: río de San Xusto (bacía da ría de Muros e Noia).

Tratamento/evacuación:

As augas residuais industriais de escorrega xeradas na zona de provisión son conducidas para o seu tratamento en dúas balsas de decantación en formigón armado dispostas en serie, logo do cal se verten á cuneta que discorre polo límite sur da parcela, incorporándose á cuneta da estrada AC-543 pola que discorren ata a vertedura final ao río de San Xusto (bacía da ría de Muros e Noia).

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela, con cita previa no teléfono 981 54 50 87.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2024

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras