Mediante a Resolución do 8 de febreiro de 2024, a Dirección da ACSUG convocou o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna separada, na categoría de titulado/a superior, do grupo I do cadro de persoal do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), de conformidade co establecido no Decreto 143/2023, do 9 de novembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023 (DOG núm. 214, do 10 de novembro).
O punto 1 da base III da citada resolución establece que o tribunal cualificador do proceso selectivo estará constituído por cinco persoas, será nomeado mediante resolución da Dirección da ACSUG e a súa composición será a determinada polo previsto no artigo 59 da LEPG, artigo 60 do TRLEBEP e artigo 48 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, e polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
De conformidade co disposto,
RESOLVO:
Primeiro. Nomear como membros do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna separada, na categoría de titulado/a superior, do grupo I do cadro de persoal do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, convocado pola Resolución do 8 de febreiro de 2024, as seguintes persoas:
– Presidente: José Eduardo López Pereira.
– Secretaria: María José Bravo Bosch.
– Vogais:
Alberto Arufe Varela.
Lourdes Rodilla Jiménez.
Mercedes Vázquez Santamarina.
Segundo. A sesión de constitución do tribunal deberá realizarse nun prazo máximo de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do nomeamento do tribunal no Diario Oficial de Galicia (DOG). Na dita sesión o tribunal adoptará todas as decisións que lle correspondan para o desenvolvemento correcto do proceso selectivo.
Santiago de Compostela, 9 de abril de 2024
Eduardo López Pereira
Director da Axencia para a Calidade do
Sistema Universitario de Galicia