DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Mércores, 17 de abril de 2024 Páx. 24134

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2024 pola que se convoca a provisión, mediante libre designación, de cinco postos do cadro de persoal funcionario técnico, de xestión e de administración e servizos desta universidade.

Estando vacantes varios postos de secretaría do equipo de goberno e da xerencia, que deben ser provistos mediante libre designación, e

Consonte o disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia e no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, e en exercicio das atribucións conferidas pola Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, esta reitoría resolveu convocar a provisión dos devanditos postos mediante libre designación, con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria

Primeira. Poderá participar o persoal funcionario de carreira destinado na Universidade de Vigo que reúna os requisitos que se exixen e especifican no anexo I.

Segunda. As persoas interesadas deben presentar a súa solicitude axustada ao modelo que figura no anexo II, dirixíndoa ao reitor da Universidade de Vigo dentro do prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes de participación presentaranse preferentemente a través da sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal, Instancia xenérica), nas oficinas de asistencia en materia de rexistro desta universidade, así como segundo o previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceira. A solicitude deberá ir acompañada dun curriculum vitae comprensivo dos datos persoais, anos de servizo, postos desempeñados na Administración, títulos académicos, estudos e cursos realizados, idiomas e calquera outro mérito que se considere oportuno achegar. Só se valorarán os méritos alegados acreditados documentalmente.

Cuarta. O prazo para tomar posesión do destino definitivo obtido nesta convocatoria será de tres días hábiles, se non implica cambio de residencia, ou un mes, se o comportase ou implicase o reingreso ao servizo activo.

O prazo de toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ao de cesamento, que se fixará na resolución que poña fin a este proceso selectivo.

Quinta. Todos os restantes actos que integren este procedemento publicaranse, cando corresponda, no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo e no seguinte enderezo: https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo

Sexta. Os postos de traballo poderán ser declarados desertos, aínda que as persoas candidatas reúnan os requisitos exixidos.

Sétima. De acordo co disposto no artigo 13 do Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección da persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos ou RXPD) e co disposto no artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, os datos facilitados na solicitude serán tratados baixo a responsabilidade da Universidade de Vigo, coa finalidade de xestionar a tramitación deste procedemento selectivo e amparados pola Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, a Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do Sistema universitario, e os estatutos da Universidade de Vigo.

Conforme o disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a Universidade de Vigo está lexitimada para a publicación daqueles datos persoais que fosen precisos atendendo á natureza e finalidade do acto que sexa obxecto de publicación. Non obstante, e co fin de previr riscos, para a publicidade de datos persoais de vítimas de violencia de xénero, a dita circunstancia deberá comunicala a persoa afectada coa maior celeridade posible á Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, ao teléfono 986 81 34 19 ou ao enderezo electrónico igualdade@uvigo.gal

Estes datos trataranse durante o tempo imprescindible para cumprir coa citada finalidade e serán conservados durante o prazo necesario para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da dita finalidade e do tratamento dos datos.

As persoas interesadas teñen dereito a solicitar ao responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. Tamén terá dereito a oporse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos.

Os citados dereitos poderán exercelos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo https://sede.uvigo.gal/ (preferentemente a través do procedemento específico SXER-Exercicio dereitos sobre protección de datos) ou mediante solicitude dirixida ao reitor da Universidade de Vigo e presentada ante as oficinas de Asistencia en Materia de Rexistro da Universidade de Vigo ou calquera dos rexistros ou oficina de correos indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e remitida á Secretaría Xeral da Universidade de Vigo, Campus Universitario As Lagoas-Marcosende, 36310 Vigo (Pontevedra). Para máis información: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos

Igualmente, poderán dirixir a dita solicitude directamente ao delegado de Protección de Datos da Universidade de Vigo, ao enderezo electrónico: dpd@uvigo.gal

Así mesmo, se a súa solicitude non é atendida pola Universidade de Vigo, ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 8 de abril de 2024

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO I

Postos de traballo

Denominación
do posto

Escala

Subescala

SG

C.D.

C.E.

DOT.

Quenda

Localidade

Observacións

Equipo de goberno

Secretaría

Xestión/Técnica administrativa

Administración

A2/C1

22

810,37

3

Mañá

Vigo

Dispoñibilidade horaria

Xerencia

Secretaría

Xestión/Técnica administrativa

Administración

A2/C1

22

810,37

2

Mañá

Vigo

Dispoñibilidade horaria

C.D.

Nivel de complemento de destino

C.E.

Complemento específico

DOT.

Dotación

ANEXO II

Solicitude de participación

Nome e apelidos

DNI

Corpo/escala

Subgrupo

Grao persoal consolidado

Centro/unidade

Localidade

Teléfono

Correo electrónico

Posto solicitado

Solicito ser admitido/a na convocatoria a que se refire esta instancia, declaro que son certos os datos consignados e alegados e que reúno os requisitos exixidos por esta convocatoria.

......................., …… de..................................... de 2024

(sinatura)

SR. REITOR DA UNIVERSIDADE DE VIGO