De conformidade co disposto no artigo 19 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas, anúnciase a aprobación e publicación polo Pleno do Consello de Contas de Galicia, con data do 29 de febreiro, dos seguintes informes:
– [1702022-04] Informe de fiscalización dos controis básicos de ciberseguridade, Deputación de Pontevedra, exercicio 2022.
– [1702022-04] Informe de fiscalización dos controis básicos de ciberseguridade, Deputación da Coruña, exercicio 2022.
Ligazón para acceder ao texto completo dos informes:
https://www.ccontasgalicia.es/gl/menus-consello/fiscalizacion/informes
Santiago de Compostela, 10 de abril de 2024
Juan Carlos Aladro Fernández
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia