DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 18 de abril de 2024 Páx. 24484

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

ANUNCIO do 11 de abril de 2024, da Comisión de Selección, polo que se publica o Acordo do 4 de abril de 2024 polo que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso en relación coa convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría de técnico medio de persoal laboral fixo, convocado polo Anuncio do 20 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro).

A Comisión de Selección, na súa reunión do 4 de abril de 2024, acordou, de conformidade co disposto na base IV.5 da convocatoria, facer pública na web do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a baremación definitiva da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición, en relación coa convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría de técnico medio de persoal laboral fixo, convocado polo Anuncio do 20 de decembro de 2022 (DOG núm. 248, do 30 de decembro).

Contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral do Igape nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2024

María Begoña García Maneiro
Presidenta da Comisión de Selección