DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 18 de abril de 2024 Páx. 24473

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

CORRECIÓN DE ERROS. Resolución do 31 de outubro de 2023 de delegación de competencias.

Advertidos erros na Resolución do 31 de outubro de 2023, de delegación de competencias, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 214, do 10 de novembro de 2023, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 62098, engadir a alínea n: «n) A sinatura de resolucións relacionadas coa actividade académica de estudantes, distintas ás que son obxecto de delegación na Secretaría Xeral, incluída a coordinación da matrícula».

Na páxina 62104, onde di: «m) A delegación da sinatura en resolucións reitorais polas cales se resolvan demandas de estudantes relacionadas coa súa actividade académica», debe dicir: «m) A delegación da sinatura en resolucións reitorais polas cales se resolvan demandas de estudantes relacionadas coa súa actividade académica que non estean atribuídas a outros órganos».

Na páxina 62107, onde di: «a) A tramitación dos expedientes de gasto relativos aos contratos asinados pola Xerencia en materia das áreas de competencia de extensión universitaria, incluídas as fases de retención, autorización, disposición e contracción das obrigas», debe dicir: «a) A tramitación dos expedientes de gasto relativos aos contratos que foran previamente asinados pola Xerencia en materia das áreas de competencia de extensión universitaria, incluídas as fases de retención, autorización, disposición e contracción das obrigas, así como a tramitación dos gastos de indemnizacións por razón de servizo respecto dos créditos que teña encomendados».

Na páxina 62110, onde di: «Escola Aberta de Formación Permanente (EAFP-UVigo)», debe dicir: «Centro de Posgrao e Formación Permanente (CPFP-Uvigo)».