DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Venres, 19 de abril de 2024 Páx. 24865

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 8 de abril de 2024 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado: conexión dunha vía de concentración parcelaria coas estradas PO-531 e PO-301, coa clave PO/23/096.01, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas, do 19 de febreiro de 2024, realizouse a aprobación provisional do proxecto de trazado: conexión dunha vía de concentración parcelaria coas estradas PO-531 e PO-301, coa clave PO/23/096.01, no concello de Vilanova de Arousa (Pontevedra), que se tramitará segundo o disposto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,

ACORDO:

Primeiro. Someter ao trámite de información pública o proxecto de trazado: conexión dunha vía de concentración parcelaria coas estradas PO-531 e PO-301, coa clave PO/23/096.01, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular, por escrito dirixido á Axencia Galega de Infraestruturas, as alegacións que crean convenientes relativas á concepción global da actuación e das distintas alternativas analizadas, de ser o caso, de acordo co disposto no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Segundo. Someter ao trámite de información publica a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto, descritos na relación anexa, para que calquera persoa poida achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros da relación publicada ou opoñerse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade da ocupación. Neste caso, indicará os motivos polos que deba considerarse preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos e non comprendidos na relación, como máis conveniente ao fin que se persegue, de acordo co disposto nos artigos 17, 18 e 19 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Terceiro. Do mesmo xeito, sométese este proxecto a información pública para os efectos do establecido no Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, en relación coa protección do dominio público hidráulico e coas actuacións neste ou na súa zona de policía.

Cuarto. O prazo para presentar alegacións será de trinta (30) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación que compón o proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 1º, 36071 Pontevedra) e na Casa do Concello de Vilanova de Arousa.

Así mesmo, a documentación íntegra do proxecto e un extracto do documento, cos obxectivos, localización e descrición da actuación, estará dispoñible na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/informacion-publica/estudos

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2024

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Conexión dunha vía de concentración parcelaria coas estradas PO-531 e PO-301

Clave: PO/23/096.01

Concello de Vilanova de Arousa.

Ref. catastral

Políg.

Parc.

Titular

NIF

Clase de solo
(catastro)

Clasificación urbanística

Sit. básica solo
(RDL 7/2015)

Expropiación
(m2)

Bens afectados

Cant.

Ud.

Descrición

1

36061A22200200

222

200

Ángel Serantes Mariño (hros.)

***3439**

Rústico uso agrario

S. rústico de especial protección

Rural

133,32

3,00

uds.

Árbore madeireira

2

36061A31410001

314

10001

Ana Belén Señoráns Carballo (hros.)

***6119**

Rústico uso agrario

S. rústico de especial protección

Rural

567,99

5,00

m

Peche vexetal sebe

Juan Carlos Fontán Montoto

***6605**

3

36061A31450001

314

50001

Delia Daporta Fernández (hros.)

***9332**

Rústico uso agrario

S. rústico de especial protección

Rural

99,90

4

36061A31420001

314

20001

Celestino Abal Noya (hros.)

***9330**

Rústico uso agrario

S. rústico de especial protección

Rural

296,50

5

36061A31430001

314

30001

María del Pilar Baña Gómez

***1419**

Rústico uso agrario

S. rústico de especial protección

Rural

113,76

3,00

uds.

Árbore madeireira

6

36061A31440001

314

40001

Jorge Moldes Cabanelas

***9601**

Rústico uso agrario

S. rústico de especial protección

Rural

325,63

10,00

uds.

Árbore madeireira

7

36061A32310079

323

10079

María Rosa Monserrat Casalderrey Otero

***2674**

Rústico uso agrario

S. de núcleo rural común

Rural

352,00

50,00

m2

Muro bloques formigón

14,00

uds.

Árbore nova

8,00

uds.

Postes viña formigón

8

36061A32310080

323

10080

Antonio Vilela Vidal (hros.)

***8944**

Rústico uso agrario

S. de núcleo rural común

Rural

356,13

9

36061A32320080

323

20080

Antonio Vilela Vidal (hros.)

***8944**

Rústico uso agrario

S. de núcleo rural común

Rural

527,02

10

36061A32300081

323

81

María Gardenia Caramés Fresco

***3755**

Rústico uso agrario

S. de núcleo rural común

Rural

9,98

Adonis Ernesto Cores Castro

***9451**