DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Venres, 19 de abril de 2024 Páx. 24631

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a autorización dos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia, para a participación no Programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (Cuale) para o curso 2024/25.

Co obxecto de realizar a convocatoria para o curso 2024/25 de autorización do Programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado –Cuale– nos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral resolve anunciar:

Primeiro. A regulación e a convocatoria de autorización do Programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado –Cuale– para o curso 2024/25 estarán dispoñibles no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades: http://www.edu.xunta.gal/portal

Segundo. Os centros que desexen implantar o programa Cuale deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación a que se accede na ligazón http://www.edu.xunta.es/programaseducativos no programa correspondente Cuale.

Terceiro. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 10 de xuño de 2024.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2024

Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa