DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Luns, 22 de abril de 2024 Páx. 25064

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 16 de novembro de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na escala de axentes técnicos en xestión ambiental do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B.

Advertidos erros na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 221, do 21 de novembro de 2023, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 63877, na base II.2, Fase de concurso, na epígrafe II.2.1, Promoción interna, onde di:

«II.2.1.1. Antigüidade.

Os servizos serán valorados por meses de trinta (30) días, a razón de 0,05 puntos/mes. Para estes efectos, calcularase o número total de días correspondentes aos períodos computables, dividirase o resultado entre trinta (30) e multiplicarase o cociente, desprezando os decimais, por 0,10.».

Debe dicir:

«II.2.1.1. Antigüidade.

Os servizos serán valorados por meses de trinta (30) días, a razón de 0,05 puntos/mes. Para estes efectos, calcularase o número total de días correspondentes aos períodos computables, dividirase o resultado entre trinta (30) e multiplicarase o cociente, desprezando os decimais, por 0,05.».