DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Luns, 22 de abril de 2024 Páx. 25231

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cee

ANUNCIO da convocatoria para cubrir en propiedade, mediante o sistema de oposición libre, unha praza de dirección-asesoramento psicolóxico do Centro de Información á Muller.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 63, do 1 de abril de 2024, sae publicado o anuncio das bases da convocatoria para cubrir definitivamente, en propiedade, mediante o sistema de oposición libre, unha praza de dirección-asesoramento psicolóxico do Centro de Información á Muller no Concello de Cee.

Grupo/subgrupo: L1. Xornada: a tempo completo.

Cee, 1 de abril de 2024

Margarita Lamela Louzán
Alcaldesa