DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 23 de abril de 2024 Páx. 25345

III. Outras disposicións

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2024 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 26 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, tramitada como expediente anticipado de gasto (código de procedemento TU503G) (Diario Oficial de Galicia número 25, do 5 de febreiro de 2024).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, así como no artigo 19 das bases reguladoras da convocatoria,

RESOLVO:

Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia de Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.es) o resultado do proceso de concesión das subvencións previstas que se financiarán cun crédito total de 2.732.088,95 €, con cargo á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.760.0, código de proxecto 2022 00001, que figuran nos anexos desta resolución, concedidas ao abeiro da Resolución do 26 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, tramitada como expediente anticipado de gasto.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2024

O director da Axencia de Turismo de Galicia
P.S. (Artigo 19.6 do Decreto 196/2012; DOG núm. 193, do 9 de outubro)
Antonio Casas Calviño
Xerente da Axencia de Turismo de Galicia

ANEXO I

Liña 1: transición verde e ecolóxica para a rehabilitación do patrimonio
en espazos singulares do litoral

Entidade beneficiaria

Descrición da actuación

Importe da subvención

Concello de Ares

Proxecto de mellora e tratamento de camiño ao carón do litoral da Bailadoira-Montefaro-Ares

71.962,51 €

Concello de Xove

Creación de ruta litoral entre faro de Roncadoira ata punta da Mansa, e desde a praia de Esteiro ata a praia de Portonovo

43.538,65 €

Concello de Corcubión

Rehabilitación sustentable da capela do Pilar para sala de exposicións

63.294,23 €

Concello de Dumbría

Mellora das marxes no acceso ao miradoiro do Ézaro

80.000,00 €

Concello da Laracha

Fase II: actuacións de acondicionamento de elementos de protección da senda do Saldoiro de Caión

80.000,00 €

Concello de Miño

Mellora paisaxística da contorna da praia de Perbes (Miño): recuperación ambiental e acondicionamento accesos

80.000,00 €

Concello do Vicedo

Mellora e adecuación dos sendeiros verdes no litoral do Vicedo

43.557,16 €

Concello de Rianxo

Posta en valor do patrimonio natural do esteiro do Ulla a través do acceso ás Tres Cruces de Isorna

38.877,30 €

Concello de Moaña

Corrección da transformación da paisaxe litoral da alameda de Moaña debido á instalación dunha fonte cibernética

43.559,13 €

Concello de Sanxenxo

Mellora do acceso peonil á praia Areas-sendeiro do litoral río Pintillón (Dorrón)

71.234,56 €

Concello de Boiro

Recuperación de sendeiros entre puntos de interese turístico: senda río Breiro-praia de Mañóns

80.000,00 €

Concello da Pobra do Caramiñal

Proxecto de acondicionamento de aparcadoiro na Alta e recuperación paisaxística na contorna

80.000,00 €

Concello de Ribeira

Ribeira, destino litoral sustentable: rehabilitación centro de interpretación arqueolóxica de San Roque

72.000,00 €

Concello de Muxía

Actuación de embelecemento do litoral. Mellora dos accesos na senda do río Negro en Muxía

80.000,00 €

Concello de Cabana de Bergantiños

Actuación de embelecemento do litoral no acceso aos Picotiños

73.778,08 €

Concello da Coruña

Renaturalización do estanque do parque litoral Monte de San Pedro

51.961,00 €

Concello de Outes

Actuacións de embelecemento e rexeneración paisaxística no parque de Vista Alegre. Xunqueira dos Muíños. O Areal

80.000,00 €

Concello de Oleiros

Restauración infraestrutura verde municipal. Senda costeira Canide-Mera

80.000,00 €

Concello de Ribadeo

Mellora ambiental do sendeiro azul: ruta do faro de Illa Pancha ás Aceas

43.551,05 €

Concello de Vilanova de Arousa

Embelecemento do litoral en San Miguel de Deiro

80.000,00 €

Concello de Padrón

Embelecemento do litoral na área recreativa da desembocadura do río Sar

60.080,54 €

Concello de Porto do Son

Actuacións de embelecemento e rexeneración paisaxística na zona de amarres no borde marítimo do porto de Boa

79.999,98 €

Concello de Viveiro

Apertura do Parque Pernas Peón ao litoral

80.000,00 €

ANEXO II

Liña 2: transición dixital dos recursos con potencial turístico no litoral

Entidade beneficiaria

Descrición da actuación

Importe da subvención

Concello de Ares

Proxecto para a dixitalización das rutas de sendeirismo do concello de Ares

15.000,00 €

Concello do Vicedo

Dotación de tótem interactivo no exterior da casa do concello

15.000,00 €

Concello de Cee

Instalación dun atril interactivo e a creación de contidos dixitais para guía interactiva turística

14.810,40 €

Concello de Sanxenxo

Realización do vídeo Posta en valor da costa e sendeiros litorais de Sanxenxo

13.449,15 €

Concello de Carnota

App turística & control Park

15.000,00 €

Concello de Paderne

Folleto dixital turístico

13.492,71 €

Concello de Ribeira

Ribeira, destino litoral sustentable: actualización dos contidos didácticos do CIA de San Roque

13.500,00 €

Concello da Coruña

Creación e produción de guías dixitais do litoral da Coruña

13.176,90 €

Concello da Guarda

Contidos inmersivos no concello da Guarda

15.000,00 €

Concello de Boiro

Compra e instalación de pantalla táctil dixital no paseo marítimo de Barraña

15.000,00 €

Concello de Viveiro

Viveiro medieval

15.000,00 €

Concello de Valdoviño

Mapa-guía interactiva turística do concello

11.761,20 €

Concello de Soutomaior

Dinamización de contidos de interese turístico no municipio

15.000,00 €

Concello de Outes

Dixitalización dos recursos turísticos do litoral

13.176,90 €

Concello de Dumbría

Mapa e contido dixital para experiencia turística 3D e 360º no concello de Dumbría

15.000,00 €

Concello de Ribadeo

App turística Ribadeo gastronómico

10.563,30 €

Concello de Arteixo

Tótem Centro Interpretativo Mar de Sorrizo

13.068,00 €

Concello de Muros

Información dixital en liña na vila de Muros

13.394,70 €

Concello de Baiona

Xincana dixital en Baiona

12.523,50 €

Concello de Barreiros

Creación app turística no concello de Barreiros

12.632,40 €

Concello de Sada

Tótem turístico

10.235,73 €

Concello de Foz

Dixitalización de mananciais e fontes en Foz

12.632,40 €

ANEXO III

Liña 3: transición accesible e inclusiva para un turismo máis competitivo

Entidade beneficiaria

Descrición da actuación

Importe da subvención

Concello de Ares

Proxecto de mellora da accesibilidade no parque de Rosalía para potenciar un turismo competitivo

44.722,36 €

Concello de Dumbría

Renovación de pasarela na contorna da praia do Ézaro

50.000,00 €

Concello de Vilaboa

Sinalización accesible turística do litoral de Vilaboa

16.117,20 €

Concello do Vicedo

Melloras para dotar de accesibilidade o paseo das praias do Vicedo

43.477,79 €

Concello de Cervo

Reforma, modernización, mellora e adaptación dos equipamentos existentes nos accesos da praia do Torno en San Cibrao

43.481,58 €

Concello de Rianxo

Mellora da accesibilidade dos areais de Rianxo

44.968,08 €

Concello de Sanxenxo

Mellora do acceso peonil á praia de Panadeira

43.548,39 €

Concello de Corcubión

Mellora da accesibilidade no Campo de San Antonio

50.000,00 €

Concello de Xove

Equipamento para facilitar a accesibilidade e a mobilidade na praia de Esteiro-Xuances-Xove

32.899,78 €

Concello de Ribeira

Ribeira, destino litoral sustentable: mellora da accesibilidade no CIA de San Roque

26.721,00 €

Concello da Coruña

Mellora da accesibilidade e fomento do turismo inclusivo en dous miradoiros do litoral da Coruña

43.547,10 €

Concello de Fisterra

Embelecemento no litoral de Langosteira

50.000,00 €

Concello de Foz

Reforma do posto de socorro e aseos da praia da Rapadoira

34.490,29 €

Concello de Camariñas

Instalación de aseos accesibles en espazos públicos exteriores do concello de Camariñas

40.434,82 €

Concello de Boiro

Mellora e adaptación do centro arqueolóxico da Barbanza

50.000,00 €

Concello de Cee

Mellora e rehabilitación do paseo marítimo

43.497,45 €

Concello de Marín

Reposición de caseta de salvamento con aseos accesibles

39.100,98 €

Concello de Burela

Mellora da accesibilidade na praia de Portelo mediante a instalación dunha caseta de atención aos visitantes, socorrismo e aseos accesibles

41.449,40 €

Concello da Guarda

Aseo público autolimpiable na rúa Manuel Álvarez

45.000,00 €