DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 23 de abril de 2024 Páx. 25355

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 15 de abril de 2024, do tribunal cualificador do proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, polo que se dá publicidade dunha nova persoa aspirante que superou a fase de oposición do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 15 de abril de 2024, o tribunal designado para xulgar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 22 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 121, do 27 de xuño), de conformidade co disposto na base II.1.2.11 da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Mediante o Acordo do 4 de marzo de 2024 (DOG núm. 50, do 11 de marzo), este tribunal acordou elevar ao director xeral da Función Pública a lista das persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para a aprobación da proposta de nomeamento como persoal funcionario en prácticas das persoas que figuraban nela, segundo o disposto na base III da convocatoria.

Con data do 12 de abril, a Dirección Xeral da Función Pública requírelle a este tribunal que propoña unha nova persoa aspirante, xa que a persoa aspirante proposta como número 32, Andrea Torrado Vecino (***0729**), non presentou a documentación exixida e, polo tanto, perdeu o seu dereito para adquirir a condición de persoal funcionario en prácticas no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

De conformidade coa base II.1.2.11 da convocatoria, a orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuacións obtidas na fase de oposición. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas.

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, de se produciren renuncias das persoas que superaron o proceso selectivo antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano que convoca poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación as propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deduza que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario en prácticas.

Por todo isto, este tribunal acorda modificar a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo, establecida polo Acordo do 4 de marzo de 2024 (DOG núm. 50, do 11 de marzo), e facer pública, como anexo a esta resolución, a relación que inclúe unha nova persoa aspirante que superou a fase de oposición do proceso selectivo, coas puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade, que ocupa a posición que se reflicte no anexo na orde de persoas aspirantes propostas para o seu nomeamento como funcionarios en prácticas, procedendo a renumerar a orde a partir do posto número 32.

Segundo. De conformidade co establecido na base V.2 da convocatoria e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta persoa aspirante dispón dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación prevista na citada base.

Terceiro. Elevar esta relación complementaria ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que a persoa afectada sexa proposta para o seu nomeamento como persoal funcionario en prácticas.

Cuarto. De acordo co disposto na base IV.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada, ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2024

María Ángeles Vidal Ruiz
Presidenta do tribunal

ANEXO

Nº orde

NIF

Apelidos e nome

Acceso

1º ex.

2º ex.

3º ex.

Total

114

***8476**

Pérez Sánchez, Manuel Ramón

Libre

38,20

32,38

Exento

70,58