DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 23 de abril de 2024 Páx. 25425

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 9 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador en materia de industria IN635C SANC-IND OU 2023/22-3.

De conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio do presente anuncio notifícaselle á persoa relacionada no anexo os actos que se indican, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar.

En cumprimento do disposto no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas poderán comparecer nun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinar estes actos nas dependencias da Área Xurídica da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Industria e Innovación, situada na rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo indicado. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 9 de abril de 2024

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Núm. de expediente

Acto notificado

NIF interesado/a

Acto adoptado

Data do acto

IN635C SANC-IND OU 2023/22-3

Resolución de expediente sancionador

34507901N

Pola xefa territorial

7 de marzo de 2024