DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 24 de abril de 2024 Páx. 25563

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2024 pola que se dá publicidade das axudas concedidas e denegadas ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para a realización de actividades de interese agrario ao abeiro da Orde do 9 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para a realización de actividades de interese agrario, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR321A).

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

Segundo o artigo 11 da Orde do 9 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para a realización de actividades de interese agrario, e se convocan para o ano 2023, publicarase no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución de concesión e denegación, o que producirá os efectos da notificación.

Na súa virtude, a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

RESOLVE:

Dar publicidade á Resolución do 20 de decembro de 2023 pola que se resolven as solicitudes de axuda presentadas ao abeiro da Orde do 9 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para a realización de actividades de interese agrario, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR321A), que figuran no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2024

O conselleiro do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015)
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
P.A. (Artigo 4.4 da Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural

ANEXO

a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 9 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para a realización de actividades de interese agrario, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR321A).

b) Aplicación orzamentaria: 14.04.712C.481.1.

c) Crédito orzamentario: 600.000 euros.

d) Establecemento da contía da axuda:

1. Os fondos dispoñibles para pagar as subvencións asignaranse en dúas partidas:

a) Partida 1 para subvencionar as organizacións profesionais agrarias, dotada co 79 % do crédito.

b) Partida 2 para subvencionar as asociacións agrarias, dotada co 21 % restante do crédito.

Porén, os fondos asignados poderán transvasarse parcialmente dunha partida á outra se nunha delas non se consomen completamente.

2. A contía das axudas consistirá nunha prima base de 20.000 €, que se incrementará consonte os seguintes valores, mentres non se esgote o orzamento da partida correspondente:

a) Organizacións profesionais agrarias que tramitaron máis do 2 % de solicitudes PAC de Galicia da campaña 2023 e asociacións agrarias que tramitaron máis do 1 % destas solicitudes: 50 € por cada solicitude tramitada a partir destes limiares, ata un máximo de 150.000 €.

b) Entidades con máis dun representante nos consellos reguladores de Galicia: 5.000 € por cada representante a partir do sexto, no caso das organizacións profesionais agrarias, e do primeiro no caso das asociacións agrarias, ata un máximo de 100.000 €.

c) Entidades con máis dunha oficina de atención permanente ao público en Galicia (cinco días á semana durante un ano no período do artigo 5): 10.000 € por cada oficina adicional, ata un máximo de 50.000 €. As oficinas situadas no mesmo concello terán a consideración dunha única oficina para os efectos desta orde.

Ao resto dos fondos dispoñibles aplicaráselles o rateo ata esgotar o orzamento.

3. Cada unha das partidas do punto 1 terá un rateo independente.

4. O importe das axudas non poderá ser superior ao custo das actividades subvencionables.

e) Finalidade: a finalidade destas axudas é a realización de actividades de representación e de formación dos asociados das organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias e dos agricultores galegos en xeral.

f) Persoas beneficiarias:

g) Solicitudes denegadas:

Núm. expediente

NIF

Nome/razón social

Observacións

MR321A_2023_005

F70509096

Cooperativas Lácteas Unidas (Clun)

Non cumpre o indicado no artigo 4 da orde reguladora, pois unicamente cumpre un dos requisitos (estar inscrita no Rexistro de entidades con servizos de asesoramento ou xestión de Galicia).

Non conta con representantes da parte produtora non asociada a cooperativas nos consellos reguladores, os expedientes tramitados da PAC non chegan ao 1 % e non prestou servizos de formación agroforestal durante o ano 2023 como entidade colaboradora da Consellería do Medio Rural.

h) Recursos administrativos:

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da recepción da notificación da resolución, de conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de acordo co previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

missing image file