DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 24 de abril de 2024 Páx. 25734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 11 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se comunica o traslado da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de substitución do apoio AAFQMhQ9//19-2 da LMTA SJG805 e instalación RC, realizada pola empresa beneficiaria da expropiación.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio notifícase que a empresa beneficiaria da expropiación trasladou as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada substitución do apoio AAFQMhQ9//19-2 da LMTA SJG805 e instalación RC, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán presentar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, escrito no cal acepten ou rexeiten a folla de valoración da empresa beneficiaria; no segundo caso, terán dereito a facer as alegacións que consideren oportunas, empregando os métodos de valoración que xulguen máis convenientes para xustificar a súa valoración, e, así mesmo, achegar as probas que consideren oportunas para xustificar as ditas alegacións.

Vigo, 11 de abril de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/012-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución do apoio AAFQMhQ9//19-2 da LMTA SJG805 e instalación RC.

Concello: Cerdedo-Cotobade.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titular

1

36012A006007580000ZX

A Vila de Abaixo-Sacos

Descoñecido