DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Xoves, 25 de abril de 2024 Páx. 26064

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de convocatoria de proceso selectivo dunha praza de enxeñeiro/a industrial.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 74, do 30 de marzo de 2024, publicáronse integramente as bases do proceso selectivo para a cobertura, como funcionario de carreira, dunha praza de enxeñeiro/a industrial da escala de Administración especial, subescala técnica, clase superior, grupo A, subgrupo A1, por concurso-oposición en quenda libre.

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica da web municipal:

https://sarria.sedelectronica.es

Sarria, 1 de abril de 2024

Claudio Melquiades Garrido Martínez
Alcalde