DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Xoves, 25 de abril de 2024 Páx. 25900

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas no proceso selectivo para o ingreso na escala técnica administrativa, subgrupo C1, pola quenda de promoción interna.

De acordo coa base cuarta da Resolución reitoral do 15 de febreiro de 2024 (DOG núm. 40, do 26 de febreiro) mediante a que se convocou un proceso selectivo para o ingreso na escala administrativa, subgrupo C1, pola quenda de promoción interna, esta reitoría, en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e polos estatutos da Universidade de Vigo,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a relación definitiva de persoas admitidas no devandito proceso de selección. A listaxe estará exposta no taboleiro da sede electrónica da Universidade de Vigo e no seguinte enderezo: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/tipo/convocatorias-pas

Segundo. Convocar as persoas aspirantes admitidas para a realización do exercicio da fase de oposición o día 3 de xuño de 2024, ás 10.00 horas, na sala 0 do Edificio Exeria do campus universitario Lagoas-Marcosende, Vigo.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 19 de abril de 2024

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo