DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 26 de abril de 2024 Páx. 26248

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2024 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril).

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril); e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Resolución de 20 de marzo de 2024 (DOG núm. 65, de 3 de abril), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais, segundo o disposto na base IV.5, os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

NIF

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro de destino

Centro directivo

Concello

Adscr.

Nivel

1

***9055**

Pérez Martínez, María

1

PRC991000136001200

Técnico/a medio de arquivo

PR

Edificios xudiciais (Pontevedra)

Servizos periféricos

Pontevedra

A2

18