DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 26 de abril de 2024 Páx. 26300

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Meaño (expediente IN407A 2023/511-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS, CT Broullón.

Situación: Meaño.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, 434 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/16 (9SW4J0TM//9SW91N60-BIS) na LMT VLG803 Santa Mariña-Sisán 3, mediante un paso aéreo subterráneo, e final no centro transformación proxectado.

Centro de transformación a 160 kVA con relación de transformación 20 kV/400 V.

Retensado dos vans aéreos contiguos ao apoio proxectado C-2000/16 (186 metros de condutor LA-30).

Instalación dun interruptor telecontrolado no apoio proxectado C-2000/16.

A instalación está situada en Broullón, no municipio de Meaño (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período, calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 2 de abril de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/511-4.

Denominación: LMTS, CT Broullón.

Concello: Meaño.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT/Apoio

m2

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Baladas

Prado

36027A07700070

Antonio Viéitez Mariño

Apoio

2,00

6,35

11,00

2

Broullón

Urbano

7721116NH1072S

Manuel Lobato Pérez

4,24

12,40

3

Broullón

Urbano

7721115NH1072S

Manuel Lobato Pérez

2,50

7,52

4

Broullón

Urbano

7721114NH1072S

Manuel Lobato Pérez

CT

14,97

5,28

15,81