DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 26 de abril de 2024 Páx. 26292

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2023/554-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: instalación de dous apoios na LMTA RED712.

Situación: Mos.

Características técnicas:

Retirada do apoio A4WVF6OL e instalación de dous novos apoios C-2000/16.

Liña de media tensión aérea (LMTA) a 15 kV, con condutor LA-110, de 88 metros de lonxitude, coa orixe no apoio proxectado C-2000/16 (1) e final no apoio proxectado C-2000/16 (2).

LMTA a 15 kV, con condutor LA-110, de 18 metros de lonxitude, coa orixe no apoio proxectado C-2000/16 (1) e final no apoio existente A4WH7QPA.

A instalación está situada en Arrufana, Louredo, no municipio de Mos (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 2 de abril de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/554-4.

Denominación: instalación de dous apoios na LMTA RED712.

Concello: Mos.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

Afeccións

m2

ml aér.

m2 aér.

1

Fonte Seca

Rústico

36033A001002640000SM

Descoñecido/a

4,58

5,74

2

Fonte Seca

Rústico

36033A001002650000SO

Descoñecido/a

1

1,69

10,64

20,58

3

Pelayo

Rústico

36033A001002760000SS

Descoñecido/a

2

1,69