DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 26 de abril de 2024 Páx. 26277

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 3 de abril de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica, no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2023/342-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afecta dos pola instalación eléctrica denominada instalación de telecontrol LMT POT803, apoio 9OJE85C8//123-B47, no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2023/342-1), por Resolución desta xefatura territorial, do 27 de febreiro de 2024, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Esta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 16 de xullo de 2024, para o levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Santa Comba, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 11.10.2023, no BOP do 25.9.2023 e no xornal La Voz de Galicia do 11.10.2023, acto ao que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectadas, ás cales se lles efectuará notificación individual en que se lles sinalarán os horarios de toma de datos sobre o terreo e posterior levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa consistorial do dito concello.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 3 de abril de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña