DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 26 de abril de 2024 Páx. 26342

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan de actuación municipal fronte ao risco de inundacións (expediente 6104/2023).

Aprobado definitivamente, en virtude do Acordo plenario do 8 de febreiro de 2024, o Plan de actuación municipal fronte ao risco de inundacións do Concello de Xinzo de Limia, e de conformidade co artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, procédese á publicación do acordo para a súa entrada en vigor:

Aprobación definitiva do Plan de actuación municipal fronte ao risco de inundacións.

Expediente 6104/2023.

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan de actuación municipal fronte ao risco de inundacións do Concello de Xinzo de Limia.

Segundo. Publicar o anuncio deste acordo de aprobación definitiva no BOP e no DOG, no taboleiro de anuncios do Concello e, xunto co documento aprobado e actualizado para consulta, na sede electrónica, e comunicar este acordo á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, á Policía municipal, a Protección Civil e demais interesados no expediente. Un exemplar do plan aprobado para consulta pública estará á disposición de calquera persoa interesada, ademais de na sede electrónica, nos servizos técnicos municipais.

Xinzo de Limia, 21 de marzo de 2024

Amador Díaz Penín
Alcalde