DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 26 de abril de 2024 Páx. 26336

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Maside

ANUNCIO da convocatoria de procesos selectivos dentro do procedemento extraordinario de estabilización de emprego público 2022.

Resolución da Alcaldía do 3 de abril de 2024, do Concello de Maside, pola que se aproba a convocatoria excepcional para cubrir varias prazas, mediante os sistemas de concurso e concurso-oposición, no marco do proceso de estabilización de emprego temporal 2022.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 299, do 31 de decembro de 2022 (e a súa modificación parcial no número 126, do 3 de xuño de 2023), publicáronse integramente as bases xerais e específicas que han de rexer a convocatoria para prover:

• Unha praza de peón/operario servizos varios a xornada completa do cadro de persoal funcionario, mediante o sistema de concurso, en quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal 2022.

• Unha praza de subalterno C.P.I. a xornada completa do cadro de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso, en quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal 2022.

• Unha praza de chofer a xornada completa do cadro de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso, en quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal 2022.

• Tres prazas de peón/sen cualificar a xornada completa do cadro de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal 2022.

• Dúas prazas de socorrista/piscinas a xornada completa (3 meses) do cadro de persoal laboral fixo-descontinuo, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal 2022.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Maside, 3 de abril de 2024

José Manuel Iglesias Araújo
Alcalde