DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 26 de abril de 2024 Páx. 26328

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Monterroso (expediente DH.A27.89923).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Sonia Porto Lamela.

DNI: ***9048**.

Expediente: DH.A27.89923.

Volume total anual: 114,495 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,87 l/s.

Destino: rega e gandeiro.

Orixe: x= 598863, y= 4739761 (fuso29 ETRS89).

Lugar: San Miguel.

Parroquia: Penas (San Miguel).

Concello: Monterroso.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación de augas procedentes dunha mina na parcela 27032A041005760000PU na parroquia de Penas, concello de Monterroso (Lugo). As augas discorren soterradas por esta parcela en paralelo ao camiño, cruzan o camiño ata un depósito intermedio de 2.000 litros de capacidade. Desde o depósito atravesan a parcela 27032A041003840000PZ e de novo unha estrada municipal, circunda as vivendas 000400200NH93H0001HM para chegar á parcela 27032A041003410000PK para abastecer, percorrendo 257,86 m desde o punto de captación ata o destino das augas.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), con cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro