Benita González Cespón, como veciña do lugar de Calvelo, parroquia de Tenorio, concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), por este anuncio convoco todos os usuarios de augas á asemblea xeral extraordinaria da Comunidade de Usuarios de Zameiro-Pereiros, que terá lugar o 4 de maio de 2024, ás 16.30 e ás 17.00 horas, en primeira e segunda convocatoria, respectivamente, no lugar de costume, coa seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2. Informe de xestións realizadas e exposición do proxecto para legalización.
3. Informe de contas e gastos pendentes. Cota extraordinaria.
4. Rogos e preguntas.
Calvelo (Tenorio), Cerdedo-Cotobade, 3 de abril de 2024
Benita González Cespón
Presidenta da Comunidade de Usuarios de Zameiro-Pereiros