O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 2 de abril de 2024, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, a delegación de competencias que realizou o Concello do Porriño polo Acordo do Pleno, na sesión do 27 de setembro de 2023, para desenvolver as facultades de xestión, recadación voluntaria e executiva e inspección da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local das instalacións de transporte e distribución de enerxía eléctrica, gas, auga e hidrocarburos ou similares.
A citada delegación realizaraa a Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.
O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.
Pontevedra, 5 de abril de 2024
O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Delegación efectuada pola R.P. nº 2024002173, do 15.3.2024)
Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Deputado delegado de Xestión Tributaria, Patrimonio e Formación