DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 29 de abril de 2024 Páx. 26386

III. Outras disposicións

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2024.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno na Administración pública galega (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación de convenios subscritos polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia no primeiro cuadrimestre do ano 2024, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Vilaxoán, 19 de abril de 2024

Mª Covadonga Salgado Blanco
Directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia no primeiro cuadrimestre do ano 2024

Convenio

Importe

Data de sinatura

Convenio de cooperación educativa entre a USC e o Intecmar para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado do grao en bioquímica impartido na Facultade de Ciencias.

0,00 €

14.2.2024

Convenio de cooperación educativa entre a USC e o Intecmar para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado de todas as titulacións de grao e máster oficial impartidas na Facultade de Química.

0,00 €

14.2.2024