DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 30 de abril de 2024 Páx. 26669

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

DECRETO 120/2024, do 29 de abril, polo que se nomea directora xeral de Xuventude a Lara del Carmen Meneses Álvarez.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e nove de abril de dous mil vinte e catro,

Nomeo directora xeral de Xuventude a Lara del Carmen Meneses Álvarez.

Santiago de Compostela, vinte e nove de abril de dous mil vinte e catro

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

José López Campos
Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude