DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 3 de maio de 2024 Páx. 27676

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2024/101-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

– Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

– Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

– Denominación: LMTS ATI712, CTC, ITC e XS na Gándara.

– Situación: Mos.

– Descricións técnicas:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, de 396 metros de lonxitude, coa orixe no apoio A4OP2D78//D1-82-A2 da liña de media tensión aérea (LMTA) ATI712, mediante un paso aéreo subterráneo, e final no centro de transformación proxectado.

Centro de transformación compacto (CTC) a 250 kVA, con relación 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36033A022003250001DP, no camiño da Balada, A Gándara.

Instalación dun interruptor telecontrolado no apoio A4OP2D78//D1-82-A2 e duns XS no apoio A4PK8M7D//D1-82-A3.

A instalación está situada na Gándara, no municipio de Mos (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta (30) días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 8 de abril de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2024/101-4.

Denominación: LMTS ATI712, CTC, ITC e XS na Gándara.

Concello: Mos.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CTC

m2

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Sucarreira

Rústico

36033A08002970000SW

Manuel Martínez Lago

1,98

6,17

2

Sucarreira

Rústico

36033A028004440000SD

Aurora Ambrosio Parsiela

2,06

6,13

3

Sucarreira

Rústico

36033A028002950001DI

Aurora Ambrosio Parsiela

31,03

93,04

4

Gándara

Rústico

36033A022003250001DP

Camilo Augusto Martínez

14,97

4,02

8,17