Mediante a Resolución do 14 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia núm. 3, do 4 de xaneiro de 2023), modificada co fin de ampliar o número de prazas pola Resolución do 11 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 239, do 19 de decembro), convocouse concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria.
Mediante a Resolución do 23 de febreiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia núm. 45, do 4 de marzo) publicouse a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como dos/das exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega, tendo finalizado o prazo de emenda previsto na base sexta da resolución de convocatoria.
A base sétima da resolución de convocatoria dispón que o tribunal cualificador do concurso-oposición será nomeado pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao da data de realización das probas e, para este efecto, publicarase a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.
De conformidade co disposto nas bases sexta e sétima da resolución de convocatoria do concurso-oposición, este centro directivo, como órgano convocante do proceso,
RESOLVE:
Primeiro. Declarar, con carácter definitivo, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria, convocado mediante a Resolución do 14 de decembro de 2022.
Segundo. As listas coa relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación do motivo de exclusión, e das declaradas exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega poderanse examinar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
Terceiro. Nomear, con efectos da data da presente resolución, os membros do tribunal, titulares e suplentes que xulgarán o proceso selectivo, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria, convocado mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 14 de decembro de 2022, e que se relacionan no anexo desta resolución.
Cuarto. Declarar de aplicación a este proceso as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e do persoal colaborador, negociadas e aprobadas na Mesa Sectorial de Sanidade, á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
Quinto. De conformidade coa base 6.3 da Resolución do 14 de decembro de 2022, contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 8.2 e 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde a mesma data.
Santiago de Compostela, 26 de abril de 2024
Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos
ANEXO
Médico/a de familia de atención primaria
Presidente/a titular |
Mercedes Ferreira Bouza |
Persoal estatutario licenciado sanitario |
Médico/a de familia de atención primaria |
Secretario/a titular |
Esperanza Rodríguez Cabo |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Grupo técnico da función administrativa |
Vogal titular |
Carmen Silvia Varela Castro |
Persoal estatutario licenciado sanitario |
Médico/a de familia de atención primaria |
Vogal titular |
Rafael Sánchez Fernández |
Persoal estatutario licenciado sanitario |
Médico/a de familia de atención primaria |
Vogal titular |
Isabel Gomis Sanchis |
Persoal estatutario licenciado sanitario |
Médico/a de familia de atención primaria |
Presidente/a suplente |
César Alfonso Pazo Labrador |
Persoal estatutario licenciado sanitario |
Médico/a de familia de atención primaria |
Secretario/a suplente |
José Luis Sampedro Morandeira |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Grupo técnico da función administrativa |
Vogal suplente |
María Nieves Alonso Docampo |
Persoal estatutario licenciado sanitario |
Médico/a de familia de atención primaria |
Vogal suplente |
Miguel Ángel Varela Arias |
Persoal estatutario licenciado sanitario |
Médico/a de familia de atención primaria |
Vogal suplente |
Carlos Álvarez Ibáñez |
Persoal estatutario licenciado sanitario |
Médico/a de familia de atención primaria |