DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 6 de maio de 2024 Páx. 27736

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 2 de maio de 2024 pola que se modifica a Orde do 27 de febreiro de 2024 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.

BDNS (Identif.): 747398.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Prazo de presentación da solicitude única

O prazo de presentación da solicitude única iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 31 de maio, ambos incluídos. Non obstante, admitiranse solicitudes ata a data de finalización do prazo de modificación da solicitude única, de acordo coas condicións establecidas no artigo 108.3 do Real decreto 1048/2022.

Unha vez finalizado o prazo para a presentación da solicitude única, as persoas solicitantes poderán modificar a solicitude ata o 15 de xuño incluído.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2024

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural