DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 7 de maio de 2024 Páx. 28104

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 9 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Pantón (expediente 2022-30-ATE).

O 27 de novembro de 2023, a Xefatura Territorial de Lugo ditou resolución pola que se recoñece, en concreto, a utilidade pública, da instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA PRS802 derivada a CT Espasantes, cuxo peticionario é UFD Distribución Electricidad, S.A., no concello de Pantón.

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar todas as persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo a esta resolución e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do concello de Pantón, deducida da que se someteu a información pública no diario La Voz de Galicia do 30 de marzo de 2023 e no Diario Oficial de Galicia do 21 de marzo de 2023, para que comparezan o día 26 de xuño de 2024 no concello de Pantón sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado ás persoas interesadas mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalarán o día e a hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do concello de Pantón estará exposta a data do levantamento das actas. Todas as persoas interesadas, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, e poderán ir acompañadas dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírteselles a todas as persoas interesadas que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial (rolda da Muralla 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE), e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 9 de abril de 2024

Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Propietario

Datos catastrais

Afección

Nº predio

Nome e apelidos

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Apoio

m2

Ml aéreos

m2 aéreos

25

Pablo de Prado Díaz

51

1398

Prado da Bodega

Prado

92.0

1436.0

26

Descoñecido

51

1401

Prado Barrio

Monte alto

0

32.0

27

Antonio Varela Fernández

51

1402

Prado Barrio

Monte alto

75-6-13

2.0

21.0

243.0

29

Benito Romay Vázquez

51

1403

Barrio

Monte baixo

16.0

256.0

31

Federico Vargas de Prado

51

1406

As Cruces

Monte baixo

43.0

696.0