DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 7 de maio de 2024 Páx. 28149

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambados

ANUNCIO de convocatoria para prover unha praza de arquitecto/a técnico/a (OEP/2023) en quenda libre e por persoal funcionario de carreira.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 58, do 21 de marzo de 2024, publicáronse as bases xerais que regulan a convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no Concello de Cambados incluídos na oferta de emprego público do ano 2023.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 58, do 21 de marzo de 2024, publicáronse as bases e a convocatoria para a cobertura en quenda libre e por persoal funcionario de carreira dunha vacante de arquitecto/a técnico/a (OEP/2023) que se sinala:

Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de Administración especial. Subescala: técnica. Clase: técnicos medios. Número de vacantes: 1. Denominación: arquitecto/a técnico/a.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, e os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos nos termos establecidos nas propias bases.

Cambados, 5 de abril de 2024

Samuel Lago Ozón
Alcalde