DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 8 de maio de 2024 Páx. 28299

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de abril de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nas dilixencias por incumprimento en materia de incendios forestais 23/105/15005/62 e cinco máis.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentar a notificación persoal dúas veces a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE, a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola xefe do Servizo de Prevención de Incendios Forestais.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Prevención de Incendios Forestais, da Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, Edificio Administrativo Monelos, 6º andar, ala norte, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 23 de abril de 2024

María Nieves Mancebo Santamaría
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Dilixencias

Persoa denunciada

Datos parcela

Acto de notificación

Concello

Polígono

Parcela

23/105/15005/62

34.244.118Q

Arteixo

8

279

Requirimento

23/105/15005/60

33.745.722F

Arteixo

36

301

Requirimento

23/105/15019/10

76.307.767T

Carballo

71

87

Requirimento

24/105/15022/05

32.461.481V

Cedeira

24

77

Requirimento

23/105/15005/30

B15640907

Arteixo

64

77

Requirimento

23/105/15005/08

32.158.330Y

Arteixo

1866517NH49816

Requirimento