DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 8 de maio de 2024 Páx. 28253

IV. Oposicións e concursos

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2024 pola que se aproba a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna separada, no grupo I, categoría titulado/a superior, do cadro de persoal, convocado pola Resolución do 8 de febreiro de 2024.

Mediante a Resolución do 8 de febreiro de 2024, o director do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) convocou o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna separada, no grupo I, categoría titulado/a superior, do cadro de persoal do consorcio ACSUG; de conformidade co establecido no Decreto 143/2023, do 9 de novembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023 (DOG núm. 214, do 10 de novembro).

A base I.4.1 da convocatoria establece que, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, a persoa titular da Dirección de ACSUG aprobará as listas provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas a través dunha resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia, con indicación dos seus apelidos, nome e catro cifras numéricas aleatorias do documento nacional de identidade, e das causas das exclusións que procedan.

De conformidade co exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar e publicar a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas.

DNI

Nome

Solicitude

Celga 4

***9595**

Belmonte Otero, Isabel

Admitida

Si

***2196**

Castro Pais, María Dolores

Admitida

Si

***9151**

López Lorenzo, Ana Isabel

Admitida

Si

***2187**

Mallo Rey, Marta María

Admitida

Si

***2227**

Martínez Lafuente, Aitor

Admitida

Si

***9898**

Rico Rey, Francisco

Admitida

Si

***8210**

Velón Sixto, Luis Carlos

Admitida

Si

Segundo. As persoas aspirantes que non acreditasen estar en posesión do título Celga 4, ou título equivalente homologado, deberán superar dúas probas sobre o coñecemento da lingua galega nos termos establecidos na base II da convocatoria. Non obstante, e de conformidade co indicado na citada base II, estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten que posuían, o día da finalización do prazo de presentación de instancias neste proceso, o Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren na lista, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da dita publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen reclamar ou emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión ou, de ser o caso, para acreditar estar en posesión do título Celga 4, ou título equivalente homologado.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2024

José Eduardo López Pereira
Director do consorcio Axencia para a Calidade
do Sistema Universitario de Galicia