DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 13 de maio de 2024 Páx. 28737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 24 de abril de 2024, do Servicio Provincial de Pontevedra, polo que se notifica o intento de mutuo acordo ao non poder efectuarse as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a obra de clave PO/22/077.06.

Para os efectos de coñecemento dos interesados, resultando infrutuosos os intentos de notificación e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, polo presente anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no anexo, o intento de mutuo acordo do expediente expropiatorio polas obras do proxecto de trazabilidade do eixe de mobilidade sostible Pontevedra-Marín na PO-546. Treito Mollabao-Praceres, de clave PO/22/077.06, no concello de Pontevedra.

As persoas poden tomar vista do expediente no Servicio Provincial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas.

A eficacia de esta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edicos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 24 de abril de 2024

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Predio

Referencia catastral

Persoa interesada

7DCH

8369017NG2986N

Descoñecido

29DCH

7357021NG2975N

Descoñecido

33DCH

Sen referencia catastral

Descoñecido

27DCH

7357026NG2975N

Iglesias Pazos Natalia