DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 14 de maio de 2024 Páx. 29145

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 30 de abril de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se emprazan a propietarios da zona de concentración parcelaria de Montes de Aro-Campelo-Gonte (Negreira-A Coruña) para seren notificados por comparecencia da resolución que modifica o acordo de concentración da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), propietarios da zona de concentración parcelaria de Montes de Aro-Campelo-Gonte (Negreira-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia da resolución que modifica o acordo de concentración da zona.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias deste servizo, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 30 de abril de 2024

María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

ANEXO

CP Montes de Aro-Campelo-Gonte (Negreira-A Coruña).

DNI/Nome

Núm. de propietario

Acto notificado

Ardións Suárez, Manuel

28

RDX 01.02.2024

76458120W

859

RDX 01.02.2024