DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 14 de maio de 2024 Páx. 29143

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 abril de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente MON-CO-0095-2024 DIS.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE, e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola directora territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico Administrativo da Dirección Territorial da Consellería do Medio Rural sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 29 de abril de 2024

María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: MON-CO-0095-2024 DIS.

DNI denunciado: 33199099W.

Acto de notificación: acordo de inicio.