DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 14 de maio de 2024 Páx. 28884

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 30 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento de plantacións de castiñeiro para froito e para a rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MR670D).

missing image file

O castiñeiro está considerado unha das árbores cunha maior variedade de aplicacións e utilidades nos ámbitos rurais, xa que é un recurso de gran relevancia desde o punto de vista da alimentación (humana, de animais domésticos ou fauna silvestre), como tamén polo seu valor para usos madeireiros.

Ademais desas utilidades como materia prima básica para a industria alimentaria ou madeireira, o ecosistema creado nos soutos orientados á produción de castaña ou á produción de madeiras repercute tamén positivamente na creación de valor como recurso turístico e paisaxístico. Desde o punto de vista ambiental, actúa como elemento de defensa contra os incendios forestais e protección do solo ou como hábitat para a proliferación doutras especies animais e vexetais que poden ser compatibles dentro do propio souto. Por todo iso, o castiñeiro veu sendo a especie forestal cunha maior tradición e apego sociocultural das economías rurais en Galicia durante moito tempo.

No contexto exposto e polo grande interese que espertou a Orde do 30 de decembro de 2022 para o fomento de plantacións de castiñeiros para froito e para a rexeneración e/ou mellora dos soutos tradicionais, a Consellería do Medio Rural desenvolve outro instrumento de fomento co mesmo obxecto.

Esta iniciativa, ademais de contribuír á restauración de ecosistemas e territorios degradados, está aliñada con diferentes programas que desenvolve a Xunta de Galicia e, en concreto, coa primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040, cara á neutralidade carbónica, aprobado polo Decreto 140/2021, do 30 de setembro, e co Programa estratéxico do castiñeiro e da produción de castaña, dado a coñecer ao Consello da Xunta na súa xuntanza do 25 de maio de 2022. O desenvolvemento deste programa é a ferramenta que guía e orienta as liñas de actuación coa finalidade de acadar unha serie de obxectivos cuantitativos no horizonte temporal 2020-2040 recollidos na primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 nas seguintes intervencións:

• Recuperación de soutos tradicionais en produción mediante medidas de rehabilitación.

• Creación de novas superficies de soutos para a produción principal de castaña.

• Creación de novas superficies de soutos para a produción principal de madeira.

As axudas recollidas nesta orde contribuirán a acadar os obxectivos cuantitativos establecidos nas dúas primeiras intervencións.

Este instrumento xurídico será financiado integramente a través dos fondos asignados á Xunta de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, mediante o instrumento do Mecanismo de recuperación e resiliencia, aprobado polo Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, dentro do compoñente 4 (C4), Conservación e restauración de ecosistemas mariños e terrestres e a súa biodiversidade, investimento 3 (I3), Restauración de ecosistemas e infraestrutura verde. Ademais, contribúe á consecución do fito 71: «actuacións de restauración de ecosistemas; polo menos 30.000 hectáreas cubertas por actuacións finalizadas de restauración de ecosistemas en territorios ou ecosistemas degradados mediante a eliminación de elementos artificiais, a mellora do solo e a morfoloxía e o reverdecemento e a naturalización».

As actuacións recollidas nesta orde de axuda, que se enmarcan no compoñente 4 (C4) do PRTR-Investimento 3 (I3), teñen asignado un campo de intervención cuxo código é o 050, cun coeficiente de contribución aos obxectivos climáticos do 40 % e do 100 % para os ambientais, segundo o anexo VI do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

En cumprimento co disposto no Plan de recuperación, transformación e resiliencia, no Regulamento (UE) 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e a súa normativa de desenvolvemento, en particular a Comunicación da Comisión (C/2023/111) Guía técnica sobre a aplicación do principio de «non causar un prexuízo significativo», así como co requirido na Decisión de execución do Consello relativa á aprobación da avaliación do Plan de recuperación e resiliencia de España (CID) e o seu documento anexo, así como na Decisión sobre os acordos operativos (OA), todas as actuacións financiadas que se levarán a cabo en cumprimento desta orde deben respectar o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (principio DNSH polas súas siglas en inglés, Do no significant harm).

Isto inclúe, se é o caso, o cumprimento das condicións específicas previstas no compoñente 4 (C4), Investimento 3 (I3), en que se enmarcan as ditas actuacións, tanto no referido ao principio DNSH, como á etiquetaxe climática e dixital, e especialmente as recollidas nos números 3, 6 e 8 do documento do compoñente do plan, no CID e no OA.

A experiencia na xestión das axudas acadada pola Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal xustifica que se inclúa como obrigatoria a tramitación electrónica do procedemento por parte das persoas físicas solicitantes que non están obrigadas polas disposicións lexislativas ao emprego de medios electrónicos, xa que se considerou acreditado que teñen acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios. Así mesmo, de acordo coa experiencia de convocatorias de axudas anteriores e tamén por razón da súa capacidade económica, na maioría dos casos as persoas físicas son asesoradas por gabinetes técnicos que son os que, frecuentemente, formalizan a solicitude de axuda.

Ademais, a tramitación electrónica do procedemento redunda nunha maior comodidade na presentación e recepción de documentos, así como nunha maior rapidez, seguridade e axilidade na tramitación, cuestións moi valoradas polas persoas físicas.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que me confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para o fomento de plantacións de castiñeiro para froito e para a rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros, en réxime de concorrencia competitiva, e convocalas para o ano 2024 a través de dúas liñas de axudas:

– Liña I: fomento de plantacións de castiñeiro para froito.

– Liña II: rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiro.

2. As axudas ampáranse nas actuacións incluídas no investimento 3 (I3), Restauración de ecosistemas e infraestrutura verde, do compoñente 4 (C4), Conservación e restauración de ecosistemas mariños e terrestres e a súa biodiversidade, do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España e contribuirán ao cumprimento dos obxectivos asociados a esta, de acordo coa normativa reguladora do Mecanismo de recuperación e resiliencia e do Plan de recuperación a nivel europeo e nacional.

3. As actuacións subvencionadas atenderán ao principio de «non causar dano significativo» a ningún dos obxectivos ambientais establecidos no Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables, e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088.

Artigo 2. Ámbito de aplicación

1. O disposto nesta orde será de aplicación para todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con exclusión:

a) Dos bosques ou doutras superficies forestais que sexan propiedade da Administración central ou autonómica.

b) Dos bosques e doutras superficies forestais propiedade da Coroa.

c) Dos bosques que pertenzan a empresas públicas.

d) Dos bosques propiedade de persoas xurídicas, cando polo menos o 50 % do seu capital pertenza a algunha das institucións anteriormente citadas.

e) Das superficies que tivesen algún compromiso de mantemento e/ou conservación de ordes de axuda anteriores e as súas accións fosen obrigadas para o cumprimento dos ditos compromisos.

f) Dos terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa.

g) Dos terreos que dentro da Rede Natura 2000 teñan hábitats prioritarios establecidos na Directiva 92/43/CEE, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, excepto no caso de terreos que inclúan o tipo de hábitat prioritario bosques de Castanea sativa, co código 9260.

h) Dos terreos onde o Plan xeral de ordenación municipal ou, na súa falta, o Plan básico autonómico de Galicia (Decreto 83/2018, do 26 de xullo; DOG núm. 162, do 27 de agosto) estableza unha clasificación do solo en que se vaia actuar que non permita as actuacións polas cales se solicita axuda.

2. Non obstante o establecido na epígrafe anterior en relación cos montes propiedade do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, a axuda poderá ser concedida se o órgano que xestiona esas terras é un organismo privado. Nese caso unicamente se ofrecerá a axuda para os custos de establecemento.

3. Os montes consorciados ou conveniados coa Administración, na data que remate do prazo de solicitude da axuda, non poderán solicitar as axudas dentro da superficie consorciada ou conveniada, agás que teñan solicitado a rescisión dos devanditos consorcios ou convenios na data de remate do prazo para a presentación das solicitudes da axuda.

Artigo 3. Tipos de superficies obxecto de axuda

1. Poderán ser obxecto de axuda os terreos nos cales a normativa sectorial (urbanística, ambiental, de augas, de patrimonio, etc.) o permita e que estean identificados no Sistema de identificación xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac) como:

– Forestal (FO).

– Matogueira (MT).

– Pasto con arboredo (PA).

– Pasto arbustivo (PR).

– Pasteiro (código PS).

– Froiteiras (código FY).

– Terras arables (código TA).

2. En todo caso, será de aplicación o disposto no Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común, e o establecido na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e a normativa de desenvolvemento, así como na Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.

3. Os terreos obxecto de solicitude de axuda que estean identificados no Sistema de identificación xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac) como froiteiras (código FY) e terras arables (código TA), no momento da solicitude de axuda, deberán contar coas autorizacións que, de ser o caso, sexan exixibles para realizar as actuacións previstas neste tipo de terreos, e deberán cumprir co resto dos requisitos exixibles, ao abeiro da normativa sectorial aplicable.

Artigo 4. Beneficiarias

1. Serán persoas beneficiarias as entidades locais e as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores.

2. As persoas beneficiarias deben cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha clase de inhabilitación de axudas previstas no seu artigo 10. Ademais, non deben estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

3. As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de CMVMC, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, para poder acceder a estas subvencións e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e no Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polas CMVMC en actuacións de mellora e protección forestal como moi tarde o día en que remate o prazo de solicitude da axuda.

4. Os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo deben cumprir co estipulado no artigo 126 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e no Decreto 16/2024, do 18 de xaneiro, polo que se regula o réxime xurídico e o rexistro de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo.

5. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do Regulamento (UE) nº 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán declarar na solicitude que non se encontran en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

6. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Artigo 5. Intensidade e compatibilidade da axuda

1. A intensidade da axuda poderá ser de ata o 100 % do investimento total subvencionable e o seu importe calcularase sobre o custo real subvencionable do investimento determinado no correspondente proxecto técnico ou no anexo IV, segundo sexa o caso.

2. A concesión da axuda será incompatible coa concesión doutras subvencións para a mesma finalidade e obxecto, sempre que sexa para a mesma superficie. Non obstante, para a liña II a incompatiblidade restrínxese ás subvencións concedidas nos últimos cinco anos, para a mesma finalidade, obxecto e superficie.

3. Tanto na solicitude da axuda como na solicitude de pagamento, a persoa beneficiaria deberá indicar o detalle doutros ingresos ou subvencións que financien a actividade subvencionada, con indicación do importe e da súa procedencia.

4. O IVE non é subvencionable.

Artigo 6. Actuacións obxecto de axuda e importes máximos subvencionables

1. Para a liña I, Fomento de plantacións de castiñeiro para froito, as actuacións que poderán ser obxecto de subvención son as seguintes:

1º. A plantación de castiñeiro, que poderá incluír os gastos de tratamento da vexetación preexistente, a preparación previa do terreo, a adquisición de planta, a plantación, a protección da planta (mediante protectores e titores) e a sementeira de especies herbáceas.

Deberán usarse as variedades de castiñeiro para froito que figuran no anexo VIII da presente orde, enxertados sobre portaenxertos de Castanea sativa Mill. ou Castanea X hybrida.

Os importes máximos do investimento en euros por hectárea de actuación, que se calculará aplicando os valores recollidos no anexo IX, serán os seguintes segundo a densidade de plantación:

– 4.875 euros para plantacións de planta enxertada de densidade igual a 100 plantas por hectárea.

– 4.875 euros para plantacións de planta enxertada de densidade igual a 204 plantas por hectárea, en virtude do establecido no anexo I da Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia, para o modelo CS2 e en áreas de montaña máis setentrionais.

– 4.140 euros para plantacións de planta enxertada de densidade igual a 69 plantas por hectárea.

– 3.645 euros para plantacións de planta enxertada de densidade igual a 50 plantas por hectárea.

Deste importe máximo de investimento por hectárea de actuación restarase o importe por hectárea correspondente a calquera outro tipo de axudas públicas que ás persoas beneficiarias poidan terlles sido outorgadas na mesma superficie para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes nos últimos 5 anos, sendo o cómputo deses anos con respecto ao ano de concesión da axuda (polo que na convocatoria do ano 2024 será desde o ano 2019 en diante).

2º. Os peches perimetrais cando se xustifique a súa necesidade (manexo de gando, fauna… independentemente do tipo de persoa beneficiaria) e segundo as condicións técnicas mínimas recollidas no anexo X.

O importe máximo do investimento en euros, que se calculará aplicando os valores recollidos no anexo IX, será de 9.760 euros por quilómetro de peche perimetral. No obstante, a repercusión máxima total por hectárea de actuación no peche perimetral será de 3.000 euros.

3º. O panel informativo, en consonancia coa obrigatoriedade da persoa beneficiaria de facer mención á orixe do financiamento das actuacións que se realicen ao abeiro desta orde, que se deberá localizar dentro ou estremeiras coa área obxecto da actuación nun lugar visible desde o acceso. Subvencionarase un panel por solicitude e polo importe recollido no anexo IX.

4º. Os honorarios de redacción de proxecto técnico, logo de solicitude e só nos casos en que sexa obrigatoria a súa presentación, segundo o máximo por hectárea indicado no anexo IX.

2. Para a liña II, Rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros, son subvencionables o conxunto das actuacións silvícolas necesarias, agás a poda que queda excluída nestas mouteiras, para a xestión e o aproveitamento, así como para a restauración dos ecosistemas formados por soutos tradicionais de castiñeiro, que deberán contar con instrumento de ordenación ou xestión forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados, debendo estar previstas nel as accións solicitadas, ou deberán contar coa adhesión ao modelo silvícola CS3, establecido na Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia.

2.1. As actuacións que poderán ser obxecto de subvención son as seguintes:

1º. As rozas, a eliminación de abrochos secundarios ou chupóns dos castiñeiros, o tratamento do extracto arbóreo secundario (rareo doutras especies arbóreas distintas dos castiñeiros e/ou eliminación dos castiñeiros non produtivos ou enfermos) e a eliminación ou extracción dos restos que se obteñan como consecuencia do tratamento. Nestas mouteiras queda excluída a poda.

2º. Aumento da densidade dos soutos mediante a plantación de castiñeiros das variedades para froito recollidas no anexo VIII da orde e enxertados sobre portaenxertos de Castanea sativa Mill. ou Castanea X hybrida.

3º. Outras actuacións do sotobosque: a emenda calcaria, a fertilización e o espedrado.

4º. Loita integral contra a praga do verme da castaña (Cydia sp, Pammene sp, etc.), segundo os importes recollidos no anexo IX e coas condicións técnicas mínimas recollidas no anexo X.

5º. Os peches perimetrais cando se xustifique a súa necesidade (manexo de gando, fauna… independentemente do tipo de persoa beneficiaria) e coas condicións técnicas mínimas recollidas no anexo X.

O importe máximo do investimento en euros, que se calculará aplicando os valores recollidos no anexo IX, será de 9.760 euros por quilómetro de peche perimetral. No obstante, a repercusión máxima total por hectárea de actuación no peche perimetral será de 3.000 euros.

6º. Os honorarios de redacción de proxecto técnico, logo de solicitude e só nos casos en que sexa obrigatoria a súa presentación, segundo o máximo por hectárea indicado no anexo IX.

2.2. Poderán solicitarse e acumularse diferentes actuacións dos puntos 1º, 2º e 3º sobre unha mesma superficie establecendo o importe máximo subvencionable, segundo os importes de investimento recollidos no anexo IX, en 3.450 euros por hectárea. Non obstante, dentro deste importe máximo para a actuación de tratamento do extracto arbóreo secundario (rareo doutras especies arbóreas distintas dos castiñeiros e/ou eliminación dos castiñeiros non produtivos ou enfermos) fíxase un importe máximo por hectárea de 800 euros.

3. Unha mesma superficie non poderá obter axudas por accións enmarcadas nas liñas I e II; non obstante, unha mesma persoa beneficiaria pode obter axudas nas liñas I e II sobre distintas superficies.

Artigo 7. Condicións técnicas xerais

1. As condicións técnicas mínimas e limitacións de uso que deben observarse figuran no anexo X e, ademais, as actuacións deberán estar xustificadas no proxecto técnico cando sexa obrigatoria a súa presentación (artigo 13).

2. A planificación da plantación deberá axustarse ás distancias que exixe a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e as súas modificacións, e que se concretan no artigo 68 e anexo II da lei.

3. Nos terreos obxecto de solicitude de axuda deberase cumprir, en todo caso, o disposto na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e nas súas modificacións, na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, no artigo 12, número 1.e), no 15, números 2 ao 8, e no 17 do Decreto 105/2006, do 22 de xuño, que regula as medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais, na Orde do 31 de xullo de 2007 pola que se establecen os criterios para a xestión da biomasa vexetal e na Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.

4. No caso de existiren valores singulares de tipo xeolóxico, edáfico, botánico, faunístico, histórico e paisaxístico, delimitarase a súa localización e zona de influencia e excluiranse da superficie de actuación.

5. As plantas deben ser adquiridas a produtores de planta de castiñeiro para froito que estean dados de alta no Rexistro de Operadores Profesionais de Vexetais, en diante Ropveg, no grupo 1.F, Outras froiteiras, con regulamento técnico do anexo I do Real decreto 1054/2021, do 30 de novembro, polo que se establecen e se regulan o Rexistro de Operadores Profesionais de Vexetais, as medidas que deben cumprir os operadores profesionais autorizados a expedir pasaportes fitosanitarios e as obrigas dos operadores profesionais de material vexetal de reprodución, e se modifican diversos reais decretos en materia de agricultura; neste grupo figura o Castanea sativa Mill.

Ao tempo, eses produtores de planta de castiñeiro para froito deberán observar o disposto no Real decreto 929/1995, do 9 de xuño, polo que se aproba o Regulamento técnico de control e certificación de plantas de viveiro de froiteiras, e modificacións posteriores, e no resto da normativa relacionada tanto na produción de materiais vexetais de reprodución, como na sanidade vexetal en xeral.

6. Os terreos obxecto de solicitude de axuda, coa excepción dos que estean identificados no Sistema de identificación xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac) como froiteiras (código FY) como terras arables (código TA), no momento da solicitude de axuda, deberán contar cun instrumento de ordenación ou xestión forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados, e as accións solicitadas deben estar previstas nel, ou deberán estar adheridos aos modelos silvícolas consonte o establecido no Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia (procedemento MR627D), e na Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia, así como na súa modificación mediante a Orde do 9 de febreiro de 2021 pola que se modifica o anexo I da antedita orde e as actuacións solicitadas deberán ser coherentes co dito modelo.

Non obstante o establecido no parágrafo anterior, nos casos debidamente xustificados, poderán ser obxecto de axudas da liña I actuacións non recollidas nos devanditos instrumentos de ordenación ou xestión forestal. Nestes casos, as persoas titulares deberán solicitar as modificacións correspondentes dos instrumentos de ordenación ou xestión forestal que deberán estar aprobados no prazo dun ano contado desde o seguinte día á solicitude de pagamento e xustificación presentada. De non aprobarse as devanditas modificacións no prazo establecido, iniciarase o correspondente procedemento de reintegro, tal e como se prevé no artigo 24 desta orde.

7. No caso de que o investimento requira unha avaliación de impacto ambiental, esta realizarase conforme o establecido na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental. O solicitante deberá acreditar a súa dispoñibilidade en sentido favorable e autorizar a Consellería do Medio Rural a recibir copia do informe para os efectos de tramitación da solicitude, especialmente no caso de terreos na Rede Natura 2000. No caso de que a dita autorización/informe xa constase en poder da Administración deberá indicalo no impreso de solicitude da axuda.

No caso de que unha vez resolta a concesión da axuda algunha das autorizacións/informes sexa desfavorable ou sexa entregada fóra do prazo de tres meses, contados desde a resolución de aprobación, procederase á tramitación do correspondente expediente de perda do dereito ao cobramento da axuda.

Ademais, o solicitante deberá cumprir a normativa en materia de avaliación de impacto ambiental, en aplicación da Directiva 2011/92/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 13 de decembro de 2011, relativa á avaliación das repercusións de determinados proxectos públicos e privados sobre o ambiente, e conforme o disposto na normativa do Estado, en concreto, na Lei 21/2013, se for de aplicación.

8. En todo caso, de existiren aproveitamentos madeireiros e leñosos, a persoa beneficiaria debe cumprir co estipulado no Decreto 73/2020, do 24 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia.

9. No anexo XI figuran, para as persoas solicitantes que segundo o establecido no artigo 13 están obrigadas a presentar un proxecto, as instrucións de remisión da información do proxecto en soporte dixital e vectorial, así como as condicións técnicas para a redacción do proxecto das actuacións.

Artigo 8. Superficies mínimas e máximas para solicitar as axudas e superficies excluídas

1. Superficie mínima:

A superficie mínima de actuación por solicitude será dunha (1) hectárea, salvo para superficies de agrupacións forestais de xestión conxunta que estean inscritas no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta. Esta superficie mínima pode acadarse cun máximo de 3 coutos redondos, sempre que estes coutos redondos linden con superficies cubertas por castiñeiros, agás para as agrupacións forestais de xestión conxunta que estean inscritas no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta, que non se establece superficie mínima de couto redondo.

2. Superficie máxima:

A superficie máxima de actuación por solicitude será de 25 hectáreas para a liña I e 50 hectáreas para a liña II, nun ou en varios coutos redondos, e sempre e cando a superficie mínima por couto sexa de 1 hectárea, salvo para superficies de agrupacións forestais de xestión conxunta que estean inscritas no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta, que non se establece superficie mínima de couto redondo.

3. En todos os casos a continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

4. Superficies excluídas:

a) Excluiranse da superficie de actuación os encravados de extensión igual ou superior a 500 m2, pistas, estradas, etc.

b) En superficies en concentración parcelaria en execución soamente poden ser aprobadas as axudas solicitadas en superficies en que o acordo de concentración parcelaria sexa firme antes do remate do prazo de solicitude destas axudas. Non obstante, poderanse aprobar as axudas nos casos en que, non sendo firme o acordo, o servizo da xefatura territorial da Consellería do Medio Rural responsable das infraestruturas agrarias emita un certificado en que indique o nome do propietario e a manifestación de que o dito predio non vai cambiar.

c) As superficies incluídas nun proceso iniciado de expropiación forzosa non se poderán beneficiar destas axudas.

d) No caso de existiren valores singulares de tipo xeolóxico, edáfolóxico, botánico, fáunico, histórico, literario e paisaxístico, delimitarase a súa localización e zona de influencia e excluiranse da superficie de actuación.

Artigo 9. Compromisos e indicadores asociados

1. As persoas beneficiarias das axudas comprométense expresamente ao cumprimento das condicións previstas nesta orde.

2. Compromisos de mantemento e conservación:

a) A persoa beneficiaria de axudas para o fomento de plantacións de castiñeiro para froito (liña I) comprométese a manter a plantación conforme as condicións de comprobación e a conservar a masa creada durante ao menos 20 anos, cumprindo as condicións establecidas no instrumento de ordenación ou xestión forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados ou, de ser o caso, no modelo silvícola CS3 establecido na Orde do 19 de maio de 2014, e proceder á devolución do diñeiro percibido e dos seus xuros legais se o bosque é danado ou destruído por descoido, neglixencia, cambio de uso ou falta de coidados silvícolas por parte do solicitante.

Para tal efecto, a persoa beneficiaria da liña I estará obrigada a solicitar a correspondente prima para o mantemento das superficie obxecto das axudas na primeira convocatoria de axudas que estableza as ditas primas para as que sexan elixibles as devanditas superficies.

b) A persoa beneficiaria de axudas para a rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros cunha densidade mínima de 50 pés/ha (liña II) comprométese a manter e conservar as actuacións subvencionadas durante un período mínimo de 20 anos desde a data da solicitude de pagamento da axuda, cumprindo as condicións establecidas no instrumento de ordenación ou xestión forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados ou, de ser o caso, no modelo silvícola CS3 establecido na Orde do 19 de maio de 2014.

c) A persoa beneficiaria de axudas o abeiro desta orde comprométese, nos cinco anos contados desde a data da solicitude de pagamento da axuda, a manter as condicións para obter a puntuación aplicada na concorrencia competitiva para a aprobación dos expedientes.

d) No caso de asociacións e agrupacións de propietarios legalmente constituídas, comunidades de bens, os pro indivisos, os pro indivisos legalmente constituídos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, todos os seus membros se comprometen a cumprir todos os compromisos e obrigas establecidos nesta orde, así como na demais normativa concorrente. A responsabilidade do bo fin da actuación será exixible segundo a lexislación aplicable en cada caso.

3. Se as superficies obxecto de actuación se transmitisen en todo ou en parte durante o período de compromiso, o novo titular deberá cumprir as condicións exixibles para a percepción das axudas que se lle outorgaron.

4. Poderán ter lugar usos gandeiros complementarios cando estes xa non prexudiquen a actuación, logo de autorización do Servizo Provincial de Montes e inscrición no Rexistro Público de Terreos Forestais de Pastoreo e cumprir co estipulado no Decreto 73/2020, do 24 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia.

5. Se, unha vez efectuada a solicitude e antes da actuación, o terreo fose obxecto dun incendio forestal ou queima do mato, a persoa beneficiaria deberallo comunicar inmediatamente, por escrito, ao Servizo de Montes da xefatura territorial da Consellería do Medio Rural que corresponda por razón de territorio, co obxecto de adecuar a memoria descritiva das actuacións á nova realidade física do terreo antes do inicio dos traballos.

6. No caso de abandono ou destrución da plantación/masa por calquera causa, agás forza maior allea a persoa beneficiaria, suspenderanse todas as axudas pendentes ata que sexa restaurada a superficie abandonada ou destruída, total ou parcialmente, sen prexuízo dos compromisos adquiridos e das responsabilidades que deriven. O solicitante estará obrigado a comunicar, no prazo máximo dun mes, os feitos e circunstancias que provocaron a destrución da totalidade ou de parte da plantación.

7. A persoa beneficiaria comprométese en todo momento a facilitarlle as tarefas de inspección ao persoal adscrito á consellería competente no medio rural nas materias relacionadas con esta orde.

8. Nas superficies de actuación todas as persoas beneficiarias se comprometen a cumprir co establecido no manual de boas prácticas na xestión forestal sustentable, aspecto que se verificará na comprobación final e o seu incumprimento pode dar lugar á revogación da axuda concedida.

9. En todos os casos, e para calquera tipo de titular, o persoal que executou os traballos deberá estar dado de alta no réxime xeral da Seguridade Social e poderáselle solicitar en calquera momento que verifique que cumpre o devandito requisito. Ademais, as empresas executoras deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).

10. No caso de cesións de pagamento, o titular da conta bancaria debe coincidir co cesionario e comprométese a manter a conta aberta ata o final do proceso de xestión da axuda.

Artigo 10. Criterios de baremación

1. Establecerase unha orde de prioridade segundo a seguinte prelación e liña de axuda (I e II), tendo en conta que a data de referencia á hora de computar os méritos será a correspondente ao derradeiro día de presentación de solicitudes. As solicitudes presentadas ordenaranse, segundo a liña de axuda, de acordo cos criterios de prioridade indicados na seguinte epígrafe, e aprobaranse os proxectos de maior a menor puntuación ata esgotar o orzamento dispoñible:

a) CMVMC: 10 puntos.

b) Por cada membro de CMVMC, sociedade ou agrupación de propietarios particulares, cooperativa agrícola, pro indiviso (copropietarios), de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, ou de comunidade de bens: 1 punto, ata un máximo de 10 puntos.

c) No caso dunha sociedade ou agrupación de propietarios legalmente constituída con xestión conxunta: 10 puntos.

d) Agrupacións forestais de xestión conxunta inscritas no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta: 50 puntos.

e) Monte con proxecto de ordenación ou xestión forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados, ou que solicitasen a súa aprobación: 10 puntos.

f) Montes con certificación forestal co sistema PEFC ou FSC: 20 puntos.

g) Sociedade ou agrupación de propietarios en zonas de concentración parcelaria forestal: 10 puntos.

h) CMVMC sen convenio ou consorcio en toda a superficie clasificada da comunidade de montes: 30 puntos.

i) Zonas desfavorecidas: 10 puntos.

j) Zonas de alto risco de incendio forestal (Orde do 18 de abril de 2007 pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal): 10 puntos.

k) Actuación en zona clasificada como Rede Natura 2000: 10 puntos.

l) Por solicitude de propietario particular, sociedade ou agrupación de propietarios particulares, de cooperativa agrícola, de pro indiviso (copropietarios), dos de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, ou da comunidade de bens: 15 puntos.

m) Por cada parcela para a cal se solicitou axuda que estea dada de alta no Rexistro da Propiedade, no caso de propietario particular, sociedade ou agrupación de propietarios particulares, de cooperativa agrícola, de pro indiviso (copropietarios), dos de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, ou de comunidade de bens: 1 punto por cada parcela, ata un máximo de 10 puntos.

n) Actuación en parcelas incluídas no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas: 20 puntos.

o) Por persoa solicitante adherida á Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia: 20 puntos.

2. A puntuación máxima será de 65 puntos, mentres que a mínima será de 10 puntos. En caso de empate, desempatarase polos seguintes criterios, na orde que se establece:

1) Adhesión á Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia.

2) Agrupacións forestais de xestión conxunta inscritas no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta.

3) Situación da actuación en zonas desfavorecidas.

4) Situación da actuación na Rede Natura 2000.

5) Actuacións que se vaian realizar en montes en que existan masas consolidadas de frondosas autóctonas inscritas, ou en proceso de inscrición, no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas.

6) Actuacións que se vaian realizar en montes inscritos no Rexistro de Montes Ordenados, ou que fose solicitada a aprobación do instrumento de ordenación ou xestión forestal.

7) Maior superficie de actuación.

8) Maior importe de subvención.

Artigo 11. Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible (anexo I) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. A persoa solicitante fará constar na solicitude de axuda (anexo I) se a superficie de actuación comprende zonas incluídas na Rede Natura 2000, zonas de protección lateral do Camiño de Santiago ou se está afectada pola normativa de patrimonio cultural de Galicia, conforme o Decreto 232/2008, do 2 de outubro, sobre o Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia, así como calquera outra afección segundo a lexislación sectorial vixente en materias distintas da forestal. As ditas afeccións están reflectidas no visor que figura no enderezo electrónico http://mapas.xunta.gal/visores/aproveitamentos/

3. A persoa interesada deberá presentar unha solicitude, dirixida á xefatura territorial da Consellería do Medio Rural da provincia onde radique o terreo obxecto de actuación, axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo I (solicitude), que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 13 desta orde xunto cos anexos que sexan necesarios.

4. No formulario de solicitude (anexo I) inclúense as seguintes declaracións responsables:

a) De todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

b) De que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

c) De que cumpre coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non está incursa en ningunha clase de inhabilitación de axudas previstas no seu artigo 10. Ademais, de que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

d) De que a persoa solicitante cumpre as disposicións contidas nesta orde.

e) Que a persoa solicitante non está inmersa nun proceso de concurso de acredores nin se encontra en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

f) Compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR, en concreto os seguintes:

i. Declaración responsable do cumprimento do compromiso de etiquetaxe verde e dixital prevista no PRTR, con base no Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia. As actuacións recollidas nestas liñas de axudas teñen asignado un campo de intervención cuxo código é o 050 cunha contribución do 40 % aos obxectivos climáticos e do 100 % aos obxectivos ambientais.

ii. Declaración responsable do cumprimento do compromiso do principio horizontal de «non causar prexuízo significativo» (Do no significant harm, DNSH) que define o artigo 2.6 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, respecto dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 5 da Orde HFP/1030/2021 e definidos no Regulamento (UE) nº 2020/852 (Regulamento de taxonomía da UE):

a. Mitigación do cambio climático.

b. Adaptación ao cambio climático.

c. Uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños.

d.Transición cara a unha economía circular.

e. Prevención e control da contaminación.

f. Protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas.

Atendendo ao tipo concreto de actuación, poderá resultar exixible o condicionado específico que recolle o número 8 do compoñente 4 do PRTR para o investimento I3 (C04.I03).

g) Declaración de cesión e tratamento de datos en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia para o compoñente 4 (C04) para dar cumprimento ao establecido no artigo 22.2.d) do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e ao artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e segundo o modelo b) do anexo IV da citada orde.

h) Declaración de compromiso de cumprimento dos principios transversais en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia para o compoñente 4 (C04) para dar cumprimento ao establecido no artigo 22.2.d) do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e ao artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e segundo o modelo c) do anexo IV da citada orde.

5. Para cada liña de axuda soamente se poderá presentar unha solicitude por titular, ano e para os terreos que se encontren nun mesmo concello, agás no caso de que un titular teña terreos en dúas ou máis agrupacións forestais, nas cales o 50 % dos seus membros deberá ser distinto. No caso contrario, procederase de oficio a arquivar sen máis trámite as solicitudes presentadas con posterioridade á primeira. Deberase presentar unha solicitude para cada petición realizada sobre diferentes concellos.

6. Toda a información para a presentación de solicitudes está dispoñible na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos. Tamén se poderá acceder á información a través da oficina agraria virtual (OAV) dispoñible no enderezo https://mediorural.xunta.gal/gl/oficina-virtual-do-medio-rural

7. A presentación da solicitude non implica ningún dereito para o peticionario mentres non exista resolución favorable á petición.

Artigo 12. Prazos de presentación de solicitudes e emenda da solicitude

1. O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

2. Os traballos solicitados na solicitude de axuda non poderán iniciarse antes da inspección previa a que se refire o artigo 19 desta orde e estarán condicionados á aprobación da axuda.

3. Se a solicitude non está debidamente cuberta, non se achega a documentación exixida ou non se reunen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa solicitante será requirida para que, no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indicarase ademais que, de non o facer, se considerará que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da citada lei.

Artigo 13. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Documentación xeral:

a.1) Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.

a.2) Acreditación da dispoñibilidade dos terreos onde se van realizar os investimentos por calquera documentación xustificativa da propiedade admisible en dereito ou, na súa falta, mediante declaración responsable.

En particular, para as seguintes entidades:

– Os CMVMC: mediante declaración responsable e de acordo cos datos que figuren no Rexistro Xeral de Montes Veciñais en Man Común.

– Os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo, mediante declaración responsable e de acordo cos datos que figuren no Rexistro de Montes de Varas, Abertais, de Voces, de Vocerío ou de Fabeo.

– As organizacións inscritas no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta (incluídas as Sofor) non precisarán achegar documentación que acredite a propiedade ou a cesión dos dereitos de uso e aproveitamento das parcelas inscritas neste rexistro a favor da agrupación forestal de xestión conxunta.

a.3) Os propietarios particulares de xeito individual que soliciten axuda para unha superficie de actuación igual ou superior a 10 hectáreas, as entidades locais e as persoas xurídicas deberán presentar un proxecto (en formato PDF ou similar, e coa cartografía en soporte dixital en formato vectorial), de acordo co establecido no anexo XI, asinado con certificado dixital por unha persoa titulada en Enxeñaría de Montes ou Enxeñería Técnica Forestal, ou titulada universitaria de grao ou posgrao en materia forestal, e co nomeamento do director de obra.

Os propietarios particulares de xeito individual que soliciten axuda para unha superficie de actuación inferior a 10 hectáreas presentarán o documento descritivo das actuacións (anexo IV).

a.4) Para todas as persoas solicitantes, os orzamentos ou facturas pro forma do importe do investimento polo que solicita subvención asinadas electronicamente e cos seguintes requisitos:

– Non poderán proceder de persoas físicas ou xurídicas vinculadas entre elas nin co solicitante.

– Deberán incluír, como mínimo, o NIF ou CIF, o nome e o enderezo da empresa ou persoa oferente, o nome ou razón social do solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados e o seu importe unitario (desagregación de todas as actuacións polas que se solicita axuda por custos unitarios de unidades de obra).

No caso de que o importe do investimento polo que se solicita subvención sexa igual ou superior aos importes de contrato menor de obras (40.000 euros) segundo o establecido no artigo 118 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, IVE excluído, a persoa solicitante deberá presentar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, nas cales figurarán detalladas as actuacións que se van realizar (desagregación de todas as actuacións polas cales se solicita axuda por custos unitarios de unidades de obra).

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e cando a elección non recaia na proposta económica máis favorable deberá xustificarse expresamente nunha memoria. Ademais, non se admitirán as ofertas que procedan de empresas vinculadas entre elas nin coa persoa solicitante da axuda.

Estas ofertas deberán estar asinadas e incluír, como mínimo, o CIF ou NIF, o nome e o enderezo da empresa ou persoa ofertante, o nome ou razón social da solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados e o seu importe unitario.

Por outra banda, non poderá haber vinculación entre a persoa solicitante da axuda e calquera das ofertantes e, en referencia ao artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en ningún caso poderá concertar a persoa beneficiaria a execución das actividades subvencionadas con persoas ou entidades vinculadas coa dita beneficiaria. Para estes efectos, consideraranse persoas ou entidades vinculadas aquelas que estean nalgún dos casos establecidos no artigo 18 da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do imposto sobre sociedades.

Os orzamentos ou ofertas que presente a persoa solicitante circunscríbense a unha relación comercial entre terceiros, entre a persoa solicitante e persoas físicas ou xurídicas oferentes, sendo estes os responsables de calquera situación de vinculación, colusión ou concertación de ofertas de acordo co establecido na lexislación aplicable. Estas situacións comportarán a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas e poderá supor a apertura dun expediente sancionador segundo se establece na Lei 9/2007, do 13 de xuño, subvencións de Galicia, todo iso sen prexuízo das responsabilidades penais ou civís a que procederen.

En todo caso, as empresas e persoas individuais que sexan responsables das ofertas ou orzamentos deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).

a.5) Número de expediente dixital da adhesión a modelos silvícolas ou de xestión forestal, excepto no caso de instrumentos de ordenación ou xestión forestal inscritos no Rexistro de Montes Ordenados. No caso das parcelas identificadas no Sistema de identificación xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac) como froiteiras (código FY) e terras arables (código TA), este requisito non será exixible.

a.6) Declaración responsable da clasificación urbanística das parcelas para as cales se solicita a axuda e localización nos planos do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) das ditas parcelas ou nas normas subsidiarias ou no Plan básico autonómico da Xunta de Galicia (PBA). No caso dunha afección distinta da forestal segundo o visor de aproveitamentos (Camiño de Santiago, Patrimonio, Dominio Público Hidráulico, etc.) farase constar tamén nesta declaración responsable.

a.7) Os propietarios particulares, sociedade ou agrupación de propietarios particulares, de cooperativa agrícola, de pro indiviso (copropietarios), pro indiviso legalmente constituído e de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, ou de comunidade de bens que teñan parcelas inscritas no rexistro da propiedade, e unicamente para os efectos de desempate na puntuación da orde de prioridade, deberán presentar copia de documento que acredite as parcelas inscritas no Rexistro da Propiedade.

b) Documentación específica:

b.1) As comunidade de bens, asociacións sen ánimo de lucro e entidades sen personalidade xurídica presentarán o anexo II (acordo de toma de razón).

b.2) As organizacións inscritas no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta (incluídas as Sofor) presentarán o anexo III (toma de razón dos compromisos e obrigas establecidos na orde).

b.3) As entidades con personalidade xurídica (S.L., S.A., cooperativas, SAT, etc.) presentarán o anexo V (certificación do acordo de solicitude de subvención).

c) Certificados, autorizacións e informes:

c.1) As CMVMC: certificado do acordo que autoriza o/a presidente/a da CMVMC para presentar a solicite das axudas ao abeiro desta orde, tomado en asemblea xeral e asinado polo/a secretario/a co visto e prace do/da presidente/a.

c.2) Os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo: acordo que autoriza a persoa representante da xunta xestora ou da asemblea de copropietarios do monte a presentar a solicitude da axuda ao abeiro desta orde, tomado en asemblea de copropietarios ou pola xunta xestora.

c.3) Cooperativas agrarias ou sociedades agrarias de transformación (SAT): certificado do responsable do rexistro conforme está inscrita e a documentación indicada na alínea b.3).

c.4) Entidades locais: certificado do/da secretario/a municipal conforme se informou a xunta de goberno local da solicitude de axuda.

c.5) Solicitude ou autorizacións/informes dos órganos competentes indicados no artigo 11, número 2 (incluída a solicitude de avaliación de impacto ambiental, se for o caso):

c.5.1) Autorización/informe do órgano competente indicando que os traballos obxecto de solicitude de axuda teñen actuacións en zona clasificada como Rede Natura 2000 ou, na súa falta, a solicitude das correspondentes autorizacións/informes perante o devandito órgano competente.

c.5.2) Autorización/informe do órgano competente indicando que a superficie obxecto de solicitude de axuda comprende zona de protección lateral do Camiño de Santiago ou, na súa falta, a solicitude das correspondentes autorizacións/informes perante o devandito órgano competente.

c.5.3) Autorización/informe do órgano competente indicando que a superficie obxecto de solicitude de axuda afectada pola normativa de patrimonio cultural de Galicia conforme o Decreto 232/2008, do 2 de outubro, e calquera outra afección segundo a lexislación sectorial vixente en materias distintas da forestal ou, na súa falta, a solicitude das correspondentes autorizacións/informes perante o devandito órgano competente.

c.5.4) Autorización/informe do órgano competente indicando que os traballos obxecto de solicitude de axuda precisan avaliación de impacto ambiental ou, na súa falta, a solicitude das correspondentes autorizacións/informes perante o devandito órgano competente.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se deben presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. Nos supostos de imposibilidade material de obter algún dos anteriores documentos, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Artigo 14. Trámites posteriores á presentación das solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 15. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante (se for o caso).

d) DNI/NIE da persoa cesionaria (se for o caso).

e) NIF da entidade cesionaria (se for o caso).

f) DNI/NIE da persoa representante da persoa cesionaria (se for o caso).

g) Estar ao día no pagamento de obrigas coa Seguridade Social a persoa solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria.

h) Estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria a persoa solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria

i) Estar ao día no pagamento de obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia a persoa solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria.

j) Estar inhabilitada a persoa solicitante para obter subvencións públicas.

k) Ter recibido a persoa solicitante axudas pola regra de minimis.

l) Concesións de subvencións e axudas.

m) Número de expediente dixital da adhesión a modelos silvícolas ou de xestión forestal, excepto no caso de instrumentos de ordenación ou xestión forestal inscritos no Rexistro de Montes Ordenados, caso en que se consultarán os datos dispoñibles no devandito rexistro e na aplicación Xorfor. No caso das parcelas identificadas no Sistema de identificación xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac) como froiteiras (código FY) e terras arables (código TA), este requisito non será exixible.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo I e VI, e VII (se for o caso), e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 16. Instrución, resolución e recursos

1. Os órganos competentes para tramitar esta orde de axudas son a Subdirección Xeral de Recursos Forestais da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural e os servizos de montes das xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural (en diante, servizos provinciais de montes).

2. Os servizos provinciais de montes examinarán as solicitudes presentadas e requiriran aos solicitantes para que, no prazo máximo de 10 días hábiles, acheguen a documentación non presentada e, no caso de que as solicitudes conteñan defectos ou omisións, as emenden, conforme se establece no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Neste requirimento indicarase ademais que, se non o fixer, se terá por desistido da súa petición, logo de notificación nos termos que se recollen no artigo 21 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Unha vez tramitadas as solicitudes, a persoa titular da xefatura territorial de cada provincia proporá a relación de solicitudes que cumpren os requisitos da convocatoria e as que non os cumpren ou non se axustan, indicará a súa causa de incumprimento e remitiraa á subdirección xeral responsable dos recursos forestais.

4. Posteriormente, a subdirección xeral responsable dos recursos forestais emitirá un informe onde se reflictan os criterios de priorización, as solicitudes que, de acordo coa clasificación realizada atendendo a estes criterios, cubrisen a dispoñibilidade orzamentaria, e formulará a proposta de resolución que, de acordo co artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, resolverá a persoa titular da dirección xeral responsable da planificación e ordenación forestal, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural.

5. A aprobación das axudas solicitadas en réxime de concorrencia competitiva axustarase aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

6. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ás persoas interesadas será de cinco meses, contados a partir do día seguinte ao da finalización do prazo para a presentación de solicitudes. Este prazo poderase ampliar segundo o indicado no artigo 23 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Na resolución de concesión farase constar o importe da axuda, expresado en equivalente bruto de subvención, indicando que para as persoas físicas e xurídicas que realizan actividades económicas, ten natureza de minimis, segundo o Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

No caso de non se ditar resolución expresa no prazo indicado, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude, sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme o disposto nos artigos 21 e 25 da mesma Lei 39/2015.

7. As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente orde de convocatoria porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución.

Artigo 17. Notificación

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen 10 días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 18. Publicación de actos

1. As notificacións das resolucións de aprobación e denegación destas axudas realizaranse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, a persoa beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como a indicación das causas da desestimación e expresaranse, ademais, os recursos que contra a resolución procedan, o órgano administrativo ou xudicial ante o cal deben presentarse e o prazo para interpolos. Tamén figurará a puntuación de todas as solicitudes que entran no procedemento de concorrencia competitiva.

Por outra banda, tamén figurará unha lista de todos os expedientes aprobados que non teñan a autorización ou informe sectorial de afeccións distinta da forestal, nos cales se dará un prazo de 3 meses, contados desde a resolución de aprobación, para a súa presentación no caso de que a autorización ou informe sexa desfavorable ou sexa entregada fóra do prazo dado, procederase á tramitación do correspondente expediente de perda do dereito ao cobramento da axuda.

2. Na notificación de concesión da axuda informaranse as persoas beneficiarias de que a operación se financia a través do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Artigo 19. Inspeccións previas

Persoal da Consellería do Medio Rural realizará unha inspección no campo para verificar as superficies polas cales se solicita axuda, comprobar os datos da solicitude, a viabilidade dos traballos e súa compatibilidade co Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga). Esta inspección realizarase antes da resolución de aprobación. Unha diferenza superior ao 30 % entre os datos achegados coa solicitude/documentación acreditativa e as comprobacións que resulten na inspección de campo implicará a denegación da axuda, salvo que a dispoñibilidade orzamentaria establecida no artigo 26 sexa suficiente para aprobar todas as solicitudes que cumpren cos requisitos da orde. No caso de minoración ou denegación da axuda solicitada, o servizo provincial de montes remitirá copia da inspección á persoa solicitante.

Así mesmo, no caso de ter solicitado a actuación de tratamento do extracto arbóreo secundario, antes da inspección previa, a persoa solicitante debe sinalar os pés das árbores que se van tratar de forma inequívoca mediante unha marca visible seguindo a circunferencia do tronco a unha altura de 130 cm desde o solo. Se na inspección se rexeitan pés para o tratamento, o persoal da inspección deberá marcalos cun «X» por riba da altura de 130 cm e na súa base, co fin de comprobar na certificación final a presenza do pé indicado.

Artigo 20. Execución dos traballos

1. O prazo para executar e xustificar as axudas concedidas nesta orde remata o 30 de xuño de 2025.

2. O custo de execución dos traballos subvencionados non pode ser superior ao valor de mercado.

3. A axuda definitiva será a resultante da comprobación final realizada por dúas persoas empregadas da Consellería do Medio Rural, unha delas distinta das que realizaron a inspección previa.

Coa comprobación final poderase modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente no caso de que se realizase un menor número de unidades de obra das aprobadas sempre que se acade o mínimo de actuación exixible para obter a axuda. Tamén nesa comprobación final se verificará que as actuacións realizadas son compatibles co Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga).

Así, no caso de que na mencionada comprobación final a densidade de plantación supere a mínima indicada no anexo X (limitacións de usos e condicións técnicas mínimas dos traballos) pero sexa inferior á densidade aprobada, o importe que se percibirá polos traballos subvencionables nesa superficie será o resultado de calculalo segundo os importes máximos de investimento establecidos no artigo 6.1, rebaixados nun 20 %, correspondentes ao limiar da densidade inferior á aprobada ou, de ser o caso, á densidade real de plantación.

Tamén serán obxecto de comprobación final as variedades de castiñeiro de froito utilizadas para determinar se se empregaron as recollidas no anexo VIII, enxertados sobre portaenxertos híbrido resistente á tinta (Castanea X hybrida) ou castiñeiro (Castanea sativa). A comprobación incluirá o cumprimento efectivo do establecido no artigo 7 e no anexo X no que respecta ás características da planta.

4. Atendendo ao artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase conceder a ampliación do prazo de execución establecido, que non exceda a metade del, se as circunstancias o aconsellan e con isto non se prexudican dereitos dun terceiro. Esta ampliación deberá solicitarse, como mínimo, dous meses antes de que acabe o prazo de execución. Os acordos sobre ampliación dos prazos ou sobre a súa denegación non serán susceptibles de recurso. Os servizos provinciais de montes proporán as anteditas ampliacións á persoa titular da subdirección xeral responsable dos recursos forestais, que elevará a proposta á persoa titular da dirección xeral responsable da planificación e ordenación forestal para a súa aprobación con base nas funcións delegadas pola conselleira responsable do medio rural para resolver.

5. Transcorrido o prazo establecido de execución sen ter presentado a xustificación dos traballos subvencionados a que se fai referencia no artigo 21.1 requirirase a persoa beneficiaria para que a presente no prazo improrrogable de 10 días hábiles. A falta de presentación da solicitude no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e poderá supor a apertura dun expediente sancionador segundo se establece na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá a persoa beneficiaria das sancións que, conforme a lei, correspondan.

6. Así mesmo, no caso de ter presentado a xustificación dos traballos subvencionados se a persoa beneficiaria fose requirida para presentar documentación adicional e non achegase esa documentación no prazo establecido no requirimento perderá o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención.

7. Ata dous meses antes da data de remate dos traballos, poderase solicitar unha modificación da resolución de aprobación para reducir a superficie e/ou traballos obxecto de axuda pola aparición de circunstancias técnicas non detectadas. A dita modificación, que poderá aprobarse logo de informe favorable do servizo de montes provincial, non poderá superar en ningún caso a superficie de actuación inicialmente aprobada. Para tramitar a solicitude de modificación da resolución de aprobación deberá estar asinada pola persoa beneficiaria da axuda, explicar os motivos da dita solicitude e deberá entregar un ficheiro shapefile coa nova superficie proposta, que poderá incluír parcelas Sixpac novas. No caso de non contestación á solicitude de modificación, entenderase desestimada.

Artigo 21. Xustificación dos traballos subvencionables

1. A data límite de xustificación dos traballos é a establecida no artigo 20.1, e só serán subvencionables os investimentos que se realicen e dos cales se xustifique o seu gasto (factura) e pagamento (xustificante de pagamento) con posterioridade á data da inspección previa, a que se refire o artigo 19, e como límite na data de comunicación do remate dos traballos. Polo tanto, as facturas e os xustificantes de pagamento deberán ter datas entre o día seguinte ao da inspección previa e como límite o da data de notificación de remate dos traballos, sempre que se presentasen en prazo.

2. As persoas beneficiarias deberán presentar, xunto coa solicitude de pagamento (anexo VI), a documentación xustificativa acreditativa do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención, que constará dos seguintes documentos:

a) Facturas ou documentos probatorios de valor equivalente, que cumpran os seguintes requisitos:

1) A expedición das facturas e o seu contido axustarase ao disposto no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.

2) Deben desagregarse os conceptos obxecto de subvención e indicar a actuación ou actuacións a que se imputan.

3) Nos xustificantes de gasto deberá figurar o número do Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).

b) Xustificante bancario do pagamento pola persoa beneficiaria en que conste a data de pagamento, o número da factura obxecto de pagamento, a identificación da persoa que realiza o pagamento, que deberá coincidir coa persoa beneficiaria da axuda, e a identificación do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura.

c) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos coas unidades desagregadas por parcelas e traballos como na resolución de aprobación.

d) Unha memoria económica xustificativa que conterá, como mínimo, os seguintes aspectos:

i. Acreditación sobre o número de unidades físicas executadas por código de parcela, de acordo coa desagregación dos traballos aprobados na resolución de concesión vixente. No caso de propietarios particulares de xeito individual cuxa superficie de actuación sexa igual ou superior a 10 hectáreas e de persoas xurídicas, a acreditación deberá estar asinada por unha persoa titulada en Enxeñaría de Montes ou Enxeñaría Técnica Forestal, ou titulada universitaria de grao ou posgrao en materia forestal.

ii. Contía da subvención calculada sobre a base das actividades cuantificadas na memoria de actuación e os valores máximos das unidades de obra previstos no anexo IX.

iii. Un detalle doutros ingresos ou axudas que financiasen a actividade subvencionada, con indicación do importe e a súa procedencia e co balance final do proxecto (ingresos e gastos), en que deberá figurar a sinatura do solicitante ou representante da axuda.

e) Arquivo gráfico (medición con GPS) en formato dixital SHP ou similar coa superficie afectada polos traballos subvencionados, coas mesmas características que o ficheiro que figura no anexo XI.

Ademais, no caso de ser persoa beneficiaria da actuación de loita integral contra a praga do verme da castaña, deberá presentar un arquivo gráfico (medición con GPS) en formato dixital SHP ou similar dos puntos de colocación das trampas de feromona segundo as indicacións do anexo XI e plano de localización.

f) Respecto do material vexetal de reprodución empregado:

i. No caso de planta de castiñeiro para froito: deberán observar o disposto no Real decreto 929/1995, do 9 de xuño, polo que se aproba o Regulamento técnico de control e certificación de plantas de viveiro de froiteiras, e modificacións posteriores, e o resto da normativa relacionada tanto na produción de materiais vexetais de reprodución, como na sanidade vexetal en xeral.

ii. En todos os casos: pasaporte fitosanitario.

g) Certificado final de obra emitido polo director de obra, excepto no caso de propietarios particulares de xeito individual con superficie de actuación inferior a 10 hectáreas, en que figure unha relación valorada dos traballos executados.

h) Só no caso de CMVMC, xustificación do cumprimento da obriga de comunicación establecida no artigo 125.7 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, tendo en conta que as cotas mínimas de reinvestimento das CMVMC serán do 40 % de todos os ingresos xerados.

i) No caso de cesión do dereito de cobramento da axuda cun terceiro:

i. Comunicación do dereito de cobramento, conforme o modelo que figura no anexo VII desta orde. No caso de que o cesionario do dereito de cobramento sexa unha CMVMC, o devandito anexo asinarao o presidente da CMVMC en nome da comunidade, pero deberá constar o certificado do secretario da comunidade no cal indique que a asemblea xeral autorizou, expresamente, o presidente a asinar a dita cesión de cobramento.

ii. Copia do documento público ou privado no cal se formalizou a cesión. No caso de documento privado este deberá estar asinado electronicamente. No caso de documento público, xustificación da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais de actos xurídicos documentados (ITPAXD).

Artigo 22. Pagamento

1. Recibida a solicitude de pagamento e a documentación complementaria, os servizos provinciais de montes analizará a documentación xustificativa acreditativa do cumprimento e realización das actividades obxecto de subvención e emitirá unha proposta de pagamento que elevará á Subdirección Xeral de Recursos Forestais.

2. O pagamento efectuarase de forma nominativa a favor das persoas beneficiarias e despois da acreditación dos gastos e pagamentos realizados, ata o tope máximo da contía concedida como subvención.

3. Malia o anterior, no caso de que a persoa beneficiaria concerte con terceiros a execución total das actividades obxecto de subvención e se acolla á cesión do dereito de cobramento, establecido no número 3 do artigo 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considerarase efectivamente pagado o gasto coa cesión do dereito de cobramento da subvención a favor das persoas cesionarias.

No caso de concertar con terceiros a execución total da actividade, a persoa cesionaria debe cumprir co principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente». Ademais, a persoa cesionaria deberá cumprir cos principios transversais de xestión establecidos no Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

4. Se da documentación presentada pola persoa beneficiaria queda xustificada unha contía inferior á da subvención inicialmente concedida, o pagamento realizarase pola parte proporcional da contía da subvención efectivamente xustificada na devandita actividade, sen prexuízo do disposto no artigo 24.2.

5. A Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal poderá solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que considere axeitados.

6. En ningún caso poderá realizarse o pagamento da subvención mentres as persoas beneficiarias non figuren ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e teñan pendentes de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexan debedoras por resolución de procedencia de reintegro.

Artigo 23. Contratación

1. A persoa beneficiaria poderá concertar con terceiros a execución total das actividades que constitúe o obxecto da subvención, salvo que o impida a súa natureza. En ningún caso poderán subcontratarse actividades que, aumentando o custo da actividade subvencionada, non acheguen valor engadido ao seu contido.

Os contratistas quedarán obrigados soamente ante a persoa beneficiaria, que asumirá a total responsabilidade da execución da actividade subvencionada fronte á Administración concedente.

2. En ningún caso poderá concertar a persoa beneficiaria a execución das actividades subvencionadas con persoas ou entidades vinculadas coa dita persoa beneficiaria, segundo o establecido no artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Para estes efectos, consideraranse persoas ou entidades vinculadas aquelas que estean nalgúns dos casos establecidos no artigo 18 da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do imposto sobre sociedades.

3. Nos supostos en que proceda a aplicación do previsto no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a persoa solicitante deberá acreditar as ofertas recibidas xunto coa documentación complementaria da solicitude da subvención e xustificar a elección entre as ofertas presentadas.

A elección deberá realizarse consonte criterios de eficiencia e economía e, con carácter xeral, recaerá na proposta económica máis vantaxosa. De non recaer nesta, deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección do/da adxudicatario/a.

4. No caso de subcontratar toda a actividade obxecto desta subvención, a persoa beneficiaria da axuda deberá prever mecanismos para asegurar que os subcontratistas cumpran co principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente». Ademais, a persoa subcontratada deberá cumprir cos principios transversais de xestión establecidos no Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Artigo 24. Reintegros e perda do dereito ao cobramento da axuda

1. Procederá o reintegro total ou parcial das axudas concedidas ao abeiro desta orde e dos xuros de demora correspondentes no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión, dos requisitos establecidos no articulado desta orde e, en xeral, nos casos establecidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Sen menoscabo do establecido no primeiro parágrafo, ás persoas beneficiarias das axudas reguladas nesta orde seralles de aplicación o réxime de reintegro e/ou infraccións e sancións previsto nos títulos II e IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Serán causa de perda do dereito ao cobramento da axuda execucións inferiores ao 60 % do importe aprobado, unha vez realizada a certificación final, salvo que se aprobasen todas as solicitudes que cumpren cos requisitos da orde porque existe dispoñibilidade orzamentaria.

3. No caso de que a persoa beneficiaria de axudas da liña I (Fomento de plantacións de castiñeiro para froito) incumpra a obriga de solicitar a prima de mantemento na primeira convocatoria en que resulten elixibles as superficies obxecto de axuda ao abeiro da presente orde, comportará a exixencia do reintegro das cantidades percibidas e poderá supor a apertura dun expediente sancionador segundo se establece na Lei 9/2007, do 13 de xuño, subvencións de Galicia. Así mesmo, o incumprimento da obriga de executar os traballos previstos na prima de mantemento aprobada e de realizar un mantemento axeitado do investimento realizado terá as mesmas consecuencias.

4. Se se descobre que unha persoa beneficiaria efectuou deliberadamente unha declaración falsa, o expediente de axuda de que se trate quedará excluído da axuda do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU e recuperaranse todos os importes que fosen aboados polo dito expediente. Ademais, a persoa beneficiaria quedará excluída destas axudas durante o ano natural en que se detectou a irregularidade e durante o ano natural seguinte.

Artigo 25. Controis e loita contra a fraude

1. As persoas beneficiarias destas subvencións e, se for o caso, a persoa subcontratada e a persoa responsable do dereito ao cobramento someteranse ás actuacións de control que realice a Consellería do Medio Rural para o seguimento dos proxectos aprobados e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, de ser o caso, á autoridade de control e aos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e ás verificacións do artigo 22 do Regulamento (CE) núm. 241/2021, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia (DOUE do 18 de febreiro).

2. Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación cos proxectos financiados con cargo a fondos procedentes da Unión Europea, como é o caso, poderá pór os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA) da Intervención Xeral da Administración do Estado, nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 6 de abril, do citado servizo, a través da canle habilitada na web https://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf. Sen prexuízo disto, tamén poderá empregar a canle de denuncias sobre irregularidades ou condutas de fraude que terá a súa sede no Sistema integrado de atención á cidadanía (SIACI) (https://transparencia.xunta.gal/canle-de-denuncias).

3. No control e na loita contra o fraude a Consellería do Medio Rural actuará de conformidade co establecido no seu Plan específico de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude (https://transparencia.xunta.gal/c/document_library/get_filefolderId=1792070&name=DLFE-47375.pdf), que é de aplicación a esta orde e, polo tanto, ás persoas beneficiarias da subvención.

Artigo 26. Financiamento e distribución do crédito

1. As accións previstas nesta orde financiaranse, nos exercicios 2024 e 2025, con cargo aos seguintes códigos de proxecto:

a) 14.03.713B.770.0 2022 00139, excepto para entidades locais, por un importe de 1.177.914,81 euros distribuídos do seguinte xeito:

– 117.791,48 euros para o ano 2024.

– 1.060.123,33 euros para o ano 2025.

Segundo as liñas definidas, o crédito distribúese do seguinte xeito:

– Actuacións incluídas na liña I (Fomento de plantacións de castiñeiro para froito): un total de 412.270,18 euros, en que 41.227,02 euros son para 2024 e 371.043,16 euros para 2025.

– Actuacións incluídas na liña II (Rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros): un total de 765.644,63 euros, en que 76.564,46 euros son para 2024 e 689.080,17 euros para 2025.

No caso de que unha vez priorizados os expedientes solicitados non se consuma a totalidade do importe establecido pola distribución de crédito arriba indicada para as liñas I e II, os importes sobrantes pasarán a financiar a outra liña (a I ou a II, segundo corresponda) para facer fronte aos expedientes solicitados.

b) 14.03.713B.760.0202200139, só para entidades locais, por un importe de 180.000 euros distribuídos do seguinte xeito:

– 18.000 euros para o ano 2024.

– 162.000 euros para o ano 2025.

Segundo as liñas definidas, o crédito distribúese do seguinte xeito:

– Actuacións incluídas na liña I (Fomento de plantacións de castiñeiro para froito): un total de 63.000 euros, en que 6.300 euros son para 2024 e 56.700 euros para 2025.

– Actuacións incluídas na liña II (Rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros): un total de 117.000 euros, en que 11.700 euros son para 2024 e 105.300 euros para 2025.

No caso de que, unha vez priorizados os expedientes solicitados, non se consuma a totalidade do importe establecido pola distribución de crédito arriba indicada para as liñas I e II, os importes sobrantes pasarán a financiar a outra liña (a I ou a II, segundo corresponda) para facer fronte aos expedientes solicitados.

2. Sen prexuízo das contías indicadas anteriormente, existe a posibilidade de ampliación de crédito nos supostos previstos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Neste caso, o órgano concedente publicará esta ampliación nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

3. As actuacións subvencionables serán financiadas integramente a través dos fondos asignados á Xunta de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, mediante o instrumento do Mecanismo de recuperación e resiliencia, aprobado polo Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, dentro do compoñente 4 (C4), Conservación e restauración de ecosistemas mariños e terrestres e a súa biodiversidade, investimento 3 (I3), Restauración de ecosistemas e infraestrutura verde.

4. A distribución de fondos e aplicacións orzamentarias sinaladas son unha previsión que, de acordo co artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se deberá axustar, tras a valoración das solicitudes para adecuarse á proposta elaborada pola subdirección xeral responsable dos recursos forestais recollida no artigo 16 da orde. Será posible incluso a incorporación de novas aplicacións sen incrementar o crédito total, tendo en conta a natureza xurídica das entidades beneficiarias.

Artigo 27. Infraccións e sancións

En materia de infraccións e sancións será de aplicación o disposto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 28. Alteración de condicións

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, para a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 29. Obrigas das persoas beneficiarias

1. As persoas beneficiarias da axuda e o solicitante están obrigadas a someterse ás actuacións de comprobación e control que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de control, así como ás comprobacións da Comisión Europea, a Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF), ao Tribunal de Contas da Unión Europea, se é o caso, á Fiscalía Europea, e aos controis derivados do Plan nacional de recuperación, transformación e resiliencia, que se realicen a través de autoridades nacionais ou europeas, facilitando canta información e documentación lles sexa requirida.

2. A persoa beneficiaria está obrigada a someterse a calquera actuación que a Administración concedente poida realizar para comprobar a aplicación das axudas á finalidade que determinou a súa concesión, o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión e o pagamento da axuda e o mantemento das condicións establecidas nas bases reguladoras, a convocatoria e a resolución de concesión.

3. No caso de achado casual de obxectos e restos materiais que posúan valores que son propios do patrimonio cultural galego, o descubridor deberá comunicarllo inmediatamente á consellería competente en materia de cultura de conformidade coa Lei 5/2016, do 4 de maio, pola que se regula o patrimonio cultural de Galicia.

4. As actuacións na zona lateral de protección do Camiño de Santiago serán comunicadas polo solicitante á consellería competente en materia de cultura, co obxecto de contar coa súa autorización previa de conformidade coa Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

5. As persoas beneficiarias de axudas da liña I (Fomento de plantacións de castiñeiro para froito) e de acordo co indicado nesta orde, durante 5 anos, contados a partir da data de remate dos traballos, realizarán obrigatoriamente, como mínimo, o control da vexetación de competencia e a reposición de faltas e, no caso de que o estado da forestación o requira:

a) Podas de formación e de calidade.

b) Fertilización cando o estado da planta o demande

c) Achega de recursos hídricos de xeito puntual por planta cando o estado da planta o demande e, especificamente, para garantir a supervivencia da planta posterior á plantación.

6. A persoa beneficiaria das axudas incluídas na liña I estará obrigada a solicitar a prima de mantemento das superficies obxecto das axudas na primeira convocatoria de axudas que estableza as primas de mantemento en que sexan elixibles as superficies obxecto de axuda ao abeiro desta orde.

As devanditas primas de mantemento subvencionaranse con cargo á correspondente intervención do PEPAC 23-27 de España, estableceranse para un número suficiente de anualidades e, sempre que sexa posible, a primeira deberá coincidir co ano seguinte ao pagamento final da obra de plantación.

7. De conformidade co artigo 22.2.f) do Regulamento (UE) 2021/241, é preceptiva a conservación da documentación xustificativa da aplicación dos fondos recibidos durante un período de 5 anos a partir do pagamento do saldo ou, na falta deste pagamento, da operación. Este período será de 3 anos se o financiamento é dun importe inferior ou igual a 60.000 euros.

8. As persoas beneficiarias desta orde comprométense a cumprir co principio horizontal de «non causar prexuízo significativo» (Do no significant harm, DNSH) definido no artigo 2.6) do Regulamento (UE) 2021/241, respecto dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 5 da Orde HFP/1030/2021 e definidos no Regulamento (UE) 2020/852 (Regulamento de taxonomía da UE):

a) Mitigación do cambio climático.

b) Adaptación ao cambio climático.

c) Uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños.

d) Transición cara a unha economía circular.

e) Prevención e control da contaminación.

f) Protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas.

Atendendo ao concreto tipo de actuación, poderá resultar exixible o condicionado específico que recolle o número 8 do compoñente 4 do PRTR para o investimento 3 (I3).

9. Así mesmo, son obrigas das persoas beneficiarias da axuda as sinaladas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

10. O incumprimento das condicións establecidas nesta orde e as indicadas na resolución de concesión de axuda, así como atoparse nas circunstancias previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ocasionará a perda do dereito á axuda.

Artigo 30. Medidas informativas e publicitarias

1. Nos instrumentos de información e difusión que utilice a Consellería do Medio Rural aplicaranse as obrigas de comunicación, logos e emblema exixidos no artigo 9 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do PRTR.

2. Do mesmo xeito, as persoas beneficiarias deben cumprir coas obrigas en materia de información, comunicación e publicidade recollidas no artigo 34.2 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, que recolle expresamente que os perceptores de fondos da Unión farán mención da orixe deste financiamento e velarán por darlle visibilidade, incluído, cando proceda, mediante o emblema da Unión e unha declaración de financiamento adecuado que indique «financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU», en particular cando promovan as accións e os seus resultados, facilitando información coherente, efectiva e proporcionada dirixida a múltiples destinatarios, incluídos os medios de comunicación e o público.

3. En particular, as memorias, proxecto ou outro tipo de documento xustificativo da realización das actuacións subvencionadas deberán incluír os seguintes logotipos:

a) O emblema da Unión. Teranse en conta as normas gráficas do emblema da Unión e as cores normalizadas que se poden consultar na seguinte páxina web: http://publications.europa.eu/code/es/es-5000100.htm e descargar diferentes exemplos do emblema en: https://europa.eu/european-union/about-eu/symbols/flag_es#download

b) Xunto co emblema da Unión, incluirase o texto «Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU».

c) Tamén se usará o logotipo do Plan de recuperación transformación e resiliencia dispoñible na ligazón https://planderecuperacion.gob.es/identidad-visual

d) Tamén se empregará o logotipo oficial da Xunta de Galicia e o logotipo da Consellería do Medio Rural.

4. A persoa beneficiaria informará o público da axuda obtida do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, durante un período mínimo igual ao da obriga de conservación da documentación xustificativa da aplicación dos fondos que se recolle no artigo 29 da orde, exhibindo un panel de tamaño A3 (297×420 mm), segundo o modelo que se recolle no anexo XII, nun lugar ben visible, que faga referencia clara e inequívoca á axuda concedida, con expresión dos datos identificativos desta orde, acompañados polo logotipo oficial da Xunta de Galicia, o logotipo da Consellería do Medio Rural e o emblema da UE, cunha declaración de financiamento que diga «Financiado por la Unión Europea-NextGenerationEU», xunto ao logo do PRTR, dispoñible na ligazón https://planderecuperacion.gob.es/identidad-visual

5. Cando a persoa beneficiaria dispoña dun sitio web para uso profesional, deberá incluír neste unha breve descrición da operación cando poida establecerse un vínculo entre o obxecto do sitio web e a axuda prestada á operación, cos seus obxectivos e resultados, e destacando a axuda financeira da Unión.

Artigo 31. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que estean vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 32. Réxime xurídico

As axudas reguladas nesta orde ampáranse nas actuacións incluídas no investimento 3 (I3), restauración de ecosistemas e infraestrutura verde do compoñente 4 (C4) do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, segundo o acordado na Conferencia Sectorial de Medio Ambiente do 9 de xullo de 2021, do 15 de decembro de 2021 e do 20 de xuño de 2022, e, polo tanto, o marco normativo básico é o seguinte:

– Regulamento (UE) núm. 2020/2094 do Consello, do 14 de decembro, polo que se establece un instrumento de recuperación da UE para apoiar a recuperación tras a crise da COVID-19.

– Regulamento (UE) núm. 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

– Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1296/2013, (UE) nº 1301/2013, (UE) nº 1303/2013, (UE) nº 1304/2013, (UE) nº 1309/2013, (UE) nº 1316/2013, (UE) nº 223/2014 e (UE) nº 283/2014 e a Decisión nº 541/2014/UE e polo que se derroga o Regulamento (UE, Euratom) nº 966/2012.

– Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) de España aprobado o 16 de xuño de 2021 mediante decisión de execución do Consello de Europa.

– Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do PRTR.

– Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do PRTR.

– Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establecen o procedemento e o formato da información que deben proporcionar as entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento de fitos e obxectivos, e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do PRTR.

– Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de intereses nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

– Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

– Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Lei 4/2019, do 17 de xuño, de administración dixital de Galicia.

– Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

– Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.

– Decreto 167/2019, do 5 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas.

– Orde do 19 de maio de 2014 pola que ese establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia, modificada pola Orde do 9 de febreiro de 2021 pola que se modifica o anexo I da Orde do 19 de maio de 2014.

Sen prexuízo das normas específicas de aplicación para os fondos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, que se poidan establecer, na falta do previsto nesta normativa, aplicaranse as normas de dereito administrativo, incluídas as sectoriais, así como as normas de dereito privado ou outras de ámbito nacional ou europeo que poidan resultar aplicables.

Disposición adicional primeira. Réxime de axudas de minimis

1. As axudas a persoas xurídicas que realicen actividades económicas que se poidan conceder ao abeiro da presente orde sométense ao réxime de minimis, Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 15.12.2023, serie L), polo que cada persoa beneficiaria non poderá recibir máis de 300.000 euros de axudas sometidas ao antedito réxime, durante o período dos 3 anos previos.

2. Para tal efecto, as posibles persoas beneficiarias desta orde que realicen actividades económicas deberán xuntar, coa súa solicitude, declaración sobre calquera outra axuda sometida ao devandito réxime de minimis recibida nos 3 anos previos.

3. Na resolución de concesión farase constar o importe da axuda, expresado en equivalente bruto de subvención, así como a súa natureza de minimis, segundo o Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023.

Disposición adicional segunda. Normativa subsidiaria

No non previsto nesta orde observarase o disposto no Regulamento (UE) 2020/2094 do Consello, do 14 de decembro de 2020, polo que se establece un instrumento de recuperación da UE para apoiar a recuperación tras a crise da COVID-19; no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o mecanismo de recuperación e resiliencia; no Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1296/2013, (UE) nº 1301/2013, (UE) nº 1303/2013, (UE) nº 1304/2013, (UE) nº 1309/2013, (UE) nº 1316/2013, (UE) nº 223/2014 e (UE) nº 283/2014 e a Decisión nº 541/2014/UE e polo que se derroga o Regulamento (UE, Euratom) nº 966/2012; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do PRTR; na Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do PRTR; na Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e o formato da información que deben proporcionar as entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento de fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do PRTR; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

Disposición adicional terceira. Base de datos nacional de subvencións

De conformidade co establecido nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Real decreto 130/2019, do 8 de marzo, polo que se regula a Base de datos nacional de subvencións e a publicidade das subvencións e demais axudas, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional cuarta. Protección de datos das persoas físicas

De acordo co establecido no artigo 14, alínea ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas, cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude, dos aspectos básicos previstos no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Disposición adicional quinta. Conflito de intereses

1. O presente procedemento de subvención está suxeito á análise sistemática e automatizada do risco de conflito de intereses prevista na disposición adicional centésimo décimo segunda da Lei 31/2022, do 23 de decembro, e na Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de intereses nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

2. De acordo co establecido no artigo 7 da Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, o órgano de concesión de subvención poderá solicitar aos solicitantes de axudas a información da súa titularidade real cando a AEAT non dispoña desa información e así o indicase mediante a correspondente bandeira negra, tendo en conta a análise realizada a través de Minerva. Este suposto non implicará a suspensión automática do procedemento en curso, pero a dita información deberá achegarse ao órgano de concesión de subvención no prazo de 5 días hábiles desde que se formule a solicitude de información. A falta desta información no prazo sinalado será motivo de exclusión do procedemento.

3. Os datos, unha vez recibidos, serán adecuadamente custodiados de acordo co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (Regulamento xeral de protección de datos), e coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. A través do Minerva, o responsable de operación levará a cabo un novo control ex ante do risco de conflito de intereses, indicando, en lugar do solicitante da axuda, os titulares reais recuperados polo órgano de concesión de subvención.

Disposición derradeira primeira. Habilitación competencial

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal para que dite, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para a aplicación ou o cumprimento do establecido nesta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2024

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VIII

Especies que se plantarán

Liña I: fomento de plantacións de castiñeiro para froito

B28

Castiñeiro enxertado sobre Castanea sativa Mill. ou Castanea X hybrida (resistente á tinta) (enxerto das variedades Amarelante, de Parede, Famosa, Garrida, Longal, Luguesa, Negral, Ventura e Xudía; como polinizadoras: Negral, Picona e Rapada)

ANEXO IX

Valores máximos atendibles por actuación e unidades de obra

Liña I: fomento de plantacións de castiñeiro para froito

Actuacións

Concepto

Importe (€)

Nº de clave

1. Tratamento da vexetación preexistente

ha de roza mecanizada

641,89

2

2. Preparación previa do terreo

Unidade aburatamento mecanizado con escavadora de dimensións mínimas de 60 cm × 60 cm × 60 cm

1,36

18

ha de gradadura pesada

517,59

96

ha de preparación do solo con subsolaxe simple con profundidade mínima de 60 cm e cun rípper

444,18

10

3. Adquisición de planta

Unidade planta Castanea sativa Mill. (maior de 0,5 m) cun sistema radicular ben desenvolvido e equilibrado coa parte aérea, para produción de froito, enxertado cunha das variedades das sinaladas no anexo VIII desta orde

15,00

97

Unidade planta Castanea X hybrida (maior de 0,5 m) cun sistema radicular ben desenvolvido e equilibrado coa parte aérea, para produción de froito, enxertado cunha das variedades das sinaladas no anexo VIII desta orde

20,00

103

4. Plantación

Plantación manual dunha planta de castiñeiro híbrido resistente/sativa enxertado e acondicionamento de compartimento onde se fixo unha preparación previa do terreo

0,81

48

Unidade plantación manual dunha planta de castiñeiro híbrido resistente/sativa de enxertado sobre aburatamento

0,85

17

ha de fertilización (inclúe fertilizante e man de obra)

293,06

19

5. Protección da planta mediante protectores e titores

Unidade de protector de planta igual ou superior a 80 cm, incluso colocado

1,97

41

Unidade de titor para castiñeiro para froito incluso colocado

0,98

87

6. Sementeira de especies herbáceas

ha de emenda calcaria (inclúe cal e man de obra) cunha dose de 3.000 kg/ha

407,37

98

ha de espedrado, terreo de cultivo, con angazo 10-12 dentes

443,42

100

ha sementeira especies herbáceas en pasteiro 40 kg/ha

412,51

102

ha de pase de rolo

96,36

101

7. Outras actuacións subvencionables

Metro lineal de peche mediante poste de madeira tratada de 6-8 cm de diámetro e 2 m de altura cada 5 m e malla cinexética

9,76

15

Tope €/ha proxecto

61,58

89 (P)

Unidade de panel informativo

50,00

51

Liña II: rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiro
cunha densidade mínima de 50 pés/ha

Actuacións

Concepto

Importe (€)

Nº de clave

1. Rozas en soutos tradicionais de castiñeiro

ha de roza manual

1.539,05

1

ha de roza mecanizada

641,89

2

2. Eliminación de abrochos secundarios ou chupóns no souto de castiñeiros

ha de eliminación de abrochos secundarios ou chupóns en soutos de castiñeiros e aplicación de tratamento sobre os cortes para favorecer a cicatrización e previr a súa colonización con axentes patóxenos externos (funxicida de acción preventiva, produtos a base de cobre, pasta protectora natural, etc.)

865,81

18

3. Tratamento do extracto arbóreo secundario

Unidade de árbore cortada, previamente sinalada, de especies distintas do castiñeiro e/ou eliminación de castiñeiros non produtivos ou enfermos cun diámetro normal superior a 7 cm, incluída a corta polo pé, tronzado, amoreamento e estalado/retirada dos restos

40,00

104

4. Xestión do restos dos tratamentos

ha de eliminación ou extracción dos restos dos tratamentos

850,62

36

5. Aumento da densidade dos soutos mediante a plantación de castiñeiro

Apertura dun burato de dimensións mínimas de 40 cm × 40 cm × 40 cm

1,42

63

Unidade planta Castanea sativa Mill. (maior de 0,5 m) planta cun sistema radicular ben desenvolvido e equilibrado coa parte aérea, para produción de froito, enxertado cunha das variedades das sinaladas no anexo VIII desta orde

15,00

64

Unidade planta Castanea X hybrida (maior de 0,5 m) cun sistema radicular ben desenvolvido e equilibrado coa parte aérea, para produción de froito, enxertado cunha das variedades das sinaladas no anexo VIII desta orde

20,00

103

Unidade de protector de planta igual ou superior a 80 cm, incluso colocado

1,97

41

Unidade de titor para castiñeiro para froito, incluso colocado

0,98

87

Unidade plantación manual dunha planta de castiñeiro híbrido resistente/sativa de enxertado sobre aburatamento

0,85

17

6. Outras actuacións no sotobosque

ha de emenda calcaria (inclúe cal e man de obra) cunha dose de 3.000 kg/ha

407,37

21

ha de fertilización (inclúe fertilizante e man de obra)

293,06

19

ha de espedrado, con angazo 10-12 dentes

443,42

100

7. Loita integrada contra pragas en soutos

Unidade de trampa con feromona sexual sintética, incluída colocación e monotorización da curva de voo, contra o verme da castaña (Cydia sp., Pammene sp., etc.)

20,00

105

8. Outras actuacións subvencionables

Metro lineal de peche mediante poste de madeira tratada de 6-8 cm de diámetro e 2 m de altura cada 5 m e malla cinexética

9,76

15

Tope €/ha proxecto

61,58

89 (P)

Unidade de panel informativo

50,00

51

ANEXO X

Limitacións de uso e condicións técnicas mínimas dos traballos

Liña I: fomento de plantacións de castiñeiro para froito

Concepto

Condicións técnicas mínimas que deben cumprir os traballos

Condicións da superficie de actuación

– Non asolagado e ben drenado.

– Profundidade do solo superior a 0,6 metros.

– Non pedregoso e pH axeitado para o obxecto da plantación.

– Solo rico en nutrientes e materia orgánica.

– Altitude, exposición e pendente axeitadas para o obxecto da plantación.

O cumprimento destas condicións certificarao persoa técnica competente mediante certificación que deberá acompañar o proxecto técnico.

Tratamento da vexetación preexistente (roza)

A roza será subvencionable nas superficies en que a altura do mato supera os 50 cm.

A altura do mato despois da execución dos traballos estará arredor dos 10 cm, salvo xustificación técnica.

Preparación previa do terreo

Aburatamento mecanizado con retroescavadora.

Dimensións mínimas do burato: 60 cm × 60 cm × 60 cm.

Gradadura con grade pesada.

Subsolaxe simple con profundidade mínima de 60 cm e cun rípper.

Acondicionamento de compartimento onde se fixo unha preparación previa do terreo.

Densidade de plantación

– Densidade máxima será de 100 plantas/ha.

– Densidade mínima será de 50 plantas/ha.

– Serán admisibles densidades de 204 planta/ha en áreas de montaña máis setentrionais en virtude do establecido para o modelo CS2 no anexo I da Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia.

– Tamén será admisible unha densidade de plantación de 69 plantas/ha.

Características da planta

– Empregarase planta enxertada sobre portaenxertos de castiñeiro con algunha das variedades recollidas no anexo VIII.

– En cada superficie obxecto de actuación non se poderán empregar máis de dúas das devanditas variedades, incluídas as variedades polinizadoras recollidas no anexo VIII.

– A planta debe ser adquirida a produtores de planta de castiñeiro para froito que estean dados de alta no Rexistro de operadores profesionais de vexetais (Ropveg).

Planta portaenxertos

Recomendacións:

En altitudes ata 550 m: Castanea X hybrida (resistente á tinta).

En altitudes superiores a 550 m: Castanea sativa Mill.

Variedades de planta enxertada que se empregarán

Amarelante, de Parede, Famosa, Garrida, Longal, Luguesa, Negral, Ventura e Xudía; como polinizadores: Negral, Picona e Rapada.

Fertilización completa

Realizarase con fertilizantes CEE ou UE adaptados ás características edafolóxicas da zona de plantación, co fin de evitar a contaminación dos acuíferos.

Os fertilizantes poderán aplicarse de forma localizada e liberación lenta (pastillas, cápsulas resinadas) ou granulado.

Sementeira de especies pratenses, emenda calcaria, espedrado e pase de rolo

A emenda calcaria, o espedrado e pase de rolo poderán ser solicitados e subvencionados, aínda que non se solicite a sementeira se existe xustificación técnica da súa necesidade.

O espedrado executado deberá permitir a recollida mecanizada do froito.

O pase de rolo será obrigatorio en caso de que se solicite a actuación de sementeira con especies herbáceas pratenses co obxecto de implantar un extracto herbáceo que permita a recollida mecanizada do froito.

Peche

– Supeditado á xustificación técnica da súa necesidade.

– Deberase localizar dentro ou estremeiro coa área obxecto da actuación.

– Garantirá a protección efectiva dunha área concreta ou de toda a superficie de actuación. No caso de non alcanzarse a lonxitude necesaria para iso pola limitación establecida na liña, o treito máximo subvencionable poderá engadirse a outro/s non subvencionados sempre que con iso se chegue a delimitar totalmente unha área concreta ou toda a superficie de actuación, e se garanta a súa protección. De non ser así, non será subvencionable.

Liña II: rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiro
cunha densidade mínima de 50 pés/ha

Concepto

Condicións técnicas mínimas que deben cumprir os traballos

Unha vez rematados os traballos é obrigatoria a eliminación ou extracción dos restos que se obteñen como consecuencia dos tratamentos.

Eliminación de restos

Unha vez rematados os traballos é obrigatoria a eliminación ou extracción dos restos que se obteñan como consecuencia do tratamento.

Roza

As rozas serán selectivas e afectarán preferentemente as especies heliófilas ou cuxo excesivo desenvolvemento poida comprometer a viabilidade do arboredo ou a biodiversidade das especies de subsolo do souto. Ademais, priorizarase a eliminación de eucalipto (Eucalyptus sp.), acacia negra (Acacia melanoxylon), mimosa (Acacia dealbata), falsa acacia (Robinia pseudoacacia) e piñeiros (Pinus sp.)

Eliminación de abrochos secundarios ou chupóns no souto de castiñeiros

O diámetro mínimo dos abrochos que quedan unha vez feita a eliminación será de 5 cm. Deixaranse como máximo unha vez feito o tratamento un máximo de 3 abrochos por cepa.

Os chupóns serán eliminados na súa totalidade.

Os cortes deben ser tratados con funxicidas de acción preventiva, produtos a base de cobre, pastas protectoras naturais, etc. para favorecer a cicatrización e previr a colonización de axentes patóxenos externos.

Tratamento do extracto arbóreo secundario

Rareo doutras especies arbóreas distintas dos castiñeiros e/ou eliminación de castiñeiros non produtivos ou enfermos:

– O diámetro normal mínimo será de 7 cm, por debaixo deste diámetro considérase roza.

– Supeditado á xustificación técnica da necesidade de eliminación.

– A densidade final de castiñeiros despois do tratamento non será inferior a 50 pés/ha.

En todo caso, antes da inspección previa, a persoa solicitante debe sinalar os pés das árbores que se van tratar de forma inequívoca mediante unha marca visible seguindo a circunferencia do tronco a unha altura de 130 cm desde o solo. Se na inspección se rexeitan pés para o tratamento, o persoal da inspección marcaraos cun «X» por riba da altura de 130 cm e na súa base, co fin de comprobar na certificación final a presenza do pé indicado.

Aumento da densidade do souto mediante plantacións puntuais

Empregarase planta enxertada sobre portaenxertos de castiñeiro con algunha das variedades recollidas no anexo VIII.

Densidade de plantación:

– Densidade máxima será de 100 plantas/ha.

– Densidade mínima será de 50 plantas/ha.

De planta portaenxerto recoméndase:

En altitudes ata 550 m: Castanea X hybrida (resistente á tinta).

En altitudes superiores a 550 m: Castanea sativa Mill.

Fertilización completa

Realizarase con fertilizantes CEE ou UE, adaptados ás características edafolóxicas da zona de plantación, co fin de evitar a contaminación dos acuíferos.

Espedrado

O espedrado executado deberá permitir a recollida mecanizada do froito.

Loita integral contra pragas en soutos

Colocación de trampa con feromona sexual sintética contra o verme da castaña (Cydia sp., Pammene sp., etc.), mantemento e monitorización da curva de voo.

Número de trampas: 3-5 por hectárea.

Superficie de actuación: mínima de 5 hectáreas e a máxima de 50 hectáreas.

Peche

– Supeditado á xustificación técnica da súa necesidade.

– Deberase localizar dentro ou estremeiro coa área obxecto da actuación.

– Garantirá a protección efectiva dunha área concreta ou de toda a superficie de actuación. No caso de non alcanzarse a lonxitude necesaria para iso pola limitación establecida na liña, o treito máximo subvencionable poderá engadirse a outro/s non subvencionado/s sempre que con iso se chegue a delimitar totalmente unha área concreta ou toda a superficie de actuación, e se garanta a súa protección. De non ser así, non será subvencionable.

ANEXO XI

Instrucións de remisión da información

Anexo XI-A: condicións técnicas para a redacción do proxecto das actuacións.

1. As entidades locais, as persoas xurídicas e os propietarios particulares de xeito individual que soliciten axuda para unha superficie de actuación igual ou superior a 10 hectáreas deberán presentar un proxecto que deberá ter como mínimo o seguinte contido:

a) Estado legal do predio obxecto de solicitude de axuda: superficie, localización, estremeiros e accesos.

b) Descrición das actuacións que se levarán a cabo.

b.1) Para a liña I: especies de portaenxertos, variedades de planta enxertada, densidade final, marco de plantación.

b.2) Para a liña II: especies existentes, densidade inicial, densidade final.

c) Indicación segundo o visor http://mapas.xunta.gal/visores/aproveitamentos/ se existe algunha afección, de que afección se trata e localización das parcelas afectadas.

d) Orzamento, de acordo coa norma UNE 157001 de xuño 2014, Criterios xerais para a elaboración formal dos documentos que constitúen un proxecto técnico.

e) Cartografía: planos sobre mapas oficiais. A planimetría do proxecto presentarase xeorreferenciada en coordenadas UTM, fuso 29, con referencia ao datum ETRS89, e terá que ser achegada en soporte dixital e vectorial, no formato shape (shp), obtido a partir dun plano de escala mínima 1:10.000, e preferentemente 1:5.000. Indicarase claramente o ano do Sixpac respecto do cal se toman os datos. No caso de instrumento de ordenación indicaranse as mouteiras e cantóns de ordenación.

Nos planos presentados deberá reflectirse indubidablemente onde se localizan os distintos tratamentos que se van efectuar na mesma parcela, tendo que aparecer na correspondente táboa de atributos os datos de tipo e superficie de actuación de cada recinto, segundo a táboa número 1 do anexo XI-B.

f) Estudo básico de seguridade e saúde.

g) Prego de condicións técnicas: de acordo coas normas de redacción de proxectos.

2. Deberán respectarse as restricións que a autoridade competente en materia de augas estableza.

3. O proxecto deberá ser elaborado por unha persoa titulada en Enxeñaría de Montes ou Enxeñería Técnica Forestal, ou titulada universitaria de grao ou posgrao en materia forestal. O proxecto irá acompañado da certificación expedida por persoa técnica competente, sobre a idoneidade da calidade de estación para a plantación de castiñeiro para froito. O devandito certificado deberá incluír información sobre as condicións do solo (profundidade, pH, granulometría e estrutura, contido de nutrientes, contido de materia orgánica, etc.), a altitude, a exposición e a pendente, entre outros. A información relativa ás condicións do solo recoméndase que estea baseada en análises de solo levadas a cabo por laboratorios acreditados de acordo coa normativa aplicable na materia.

Anexo XI-B: instrucións de remisión da información do proxecto en soporte dixital e vectorial.

1. No proxecto que teña que presentar a persoa solicitante, segundo o establecido na epígrafe anterior, ademais dos planos, incluirase a cartografía de acordo co que se detalla a continuación, e teñen que aparecer na correspondente táboa de atributos os datos de tipo e superficie de actuación de cada recinto.

2. E co fin de asegurar unha homoxeneidade na información vectorial subministrada, detállase a continuación o modelo de datos e codificación alfanumérica das entidades vectoriais (polígonos) que deberán figurar nos arquivos que se van entregar:

Formato: shapefile (a información subministrarase nos arquivos que compoñen o formato shapefile). Ademais, é necesario o arquivo coa extensión «prj», coa información do sistema de referencia, que se comprobará para ver que se corresponde co ETRS89 en coordenadas UTM sobre o fuso 29N (EPSG 25829).

Nome do arquivo: coincidente co código completo do expediente de axudas coa separación do ano mediante guión baixo (nos arquivos do shapefile) no caso de non ter o número de expediente de axudas porase o NIF do solicitante, sen letra e o ano. Exemplo: 23150001_2024/99999999_2024.

No caso de ser persoa beneficiaria da actuación de loita integral contra a praga do verme da castaña, achegarase un arquivo cos puntos de colocación das trampas de feromona con formato e nome indicado nos parágrafos anteriores, pero engadindo ao inicio do nome a palabra «feromona».

Datum e proxección: ETRS89 en coordenadas UTM sobre o fuso 29N (EPSG 25829).

Sixpac: no proxecto técnico indicarase o ano do Sixpac respecto do cal se toman os datos que figuran no proxecto: 2024 ...

Información alfanumérica asociada ás entidades vectoriais:

Táboa 1: descrición detallada da información alfanumérica asociada ás entidades vectoriais.

Nome do campo

Características

Observacións

Cod

Numérico enteiro (curto) de tres caracteres

Serán números correlativos comezando polo 1.

Sub_Cod

Numérico enteiro (curto) de tres caracteres

Segundo os subrecintos en que se divida un recinto ao ter diferentes tipos de traballo. Serán: 0→ningún, 1→un, 2→dous...

Cod_exp

Alfanumérico (texto/cadea de caracteres/string) de 13 caracteres

Código completo do expediente de axudas (ou do NIF se non hai nº de expediente). Exemplo: 23150001_2024 (co guión baixo)/33333333_2024.

Prov

Numérico enteiro (curto) de dous caracteres

Segundo o Sixpac. Exemplo: provincia A Coruña→15.

Conc

Numérico enteiro (longo) de cinco caracteres

Segundo o Sixpac. Lémbrase que deberá ser «prov+conc». Exemplo: provincia A Coruña (15), concello Carballo (19)→15019.

Agreg

Numérico enteiro (curto) de tres caracteres

Segundo o Sixpac.

Zona

Numérico enteiro (curto) de tres caracteres

Segundo o Sixpac.

Polig

Numérico enteiro (longo) de seis caracteres

Segundo o Sixpac.

Parc

Numérico enteiro (longo) de seis caracteres

Segundo o Sixpac.

Recin

Numérico enteiro (longo) de seis caracteres

Segundo o Sixpac.

REFCAT

Alfanumérico (texto/cadea caracteres/string) de 14 caracteres

Código da referencia catastral obtida da sede electrónica do Catastro.

Sup_Tot

Numérico (dobre) de dez caracteres con 2 decimais

Superficie total do recinto segundo o Sixpac, en hectáreas arredondadas a dous decimais.

Uso

Alfanumérico (texto/cadea de caracteres/string) de 3 caracteres

Segundo o Sixpac, en maiúsculas (FO, PR, PA...).

Sup_Act

Numérico (dobre) de dez caracteres e ata 2 decimais

Superficie de actuación no recinto, que deberá coincidir coa súa intersección co Sixpac, en hectáreas arredondadas a dous decimais.

Act

Alfanumérico (texto/cadea de caracteres/string) de 50 caracteres

Código segundo o cadro adxunto.

Incluiranse todas as unidades de obra que se van facer no recinto. No caso de ser varias, separaranse os códigos mediante un guión medio (-) sen espazos e a serie comezará co código menor de forma ascendente ata o código maior.

Cod_sp

Alfanumérico (texto/cadea de caracteres/string) de 3 caracteres

Código segundo o anexo VIII da orde.

Mouteira

Alfanumérico (texto/cadea de caracteres/string) de 3 caracteres

Identificación da mouteira a que pertence o recinto: 1, 2... (posibilidade de incluír letras, nunca acentuadas).

Nos casos en que non exista valor para o campo poñerase «0» ou «---», sempre que o admita.

No caso de proxecto de ordenación autorizado e inscrito en Xorfor, deberán engadirse os seguintes campos:

– Campo [GeoUA] (formato texto, 20)→Código resultante da concatenación dos campos [IDXF], código do instrumento de Xorfor co formato PO00000111X, [Cuartel], [UO] unidade de ordenación, e [UA] unidade de actuación; da capa do Plan especial cargado en Xorfor.

– Campo [SupGeoUA] (formato numérico, 10,6)→Superficie da unidade de actuación da capa do Plan especial cargado en Xorfor en hectáreas.

Táboa de codificación do campo Act (unidades de obra):

Código

Categoría

Descrición unidade obra

Uds.

F2

Tratamento da vexetación preexistente en plantacións de castiñeiro para froito

ha de roza mecanizada.

Número

F18

Preparación previa do terreo en plantacións de castiñeiro para froito

Unidade aburatamento mecanizado con escavadora de dimensións mínimas de 60 cm × 60 cm × 60 cm.

Número

F96

ha de gradadura pesada.

Número

F10

ha de preparación do solo con subsolaxe simple con profundidade mínima de 60 cm e cun rípper.

Número

F97

Adquisición de planta

Unidade planta Castanea sativa Mill. (maior de 0,5 m) cun sistema radicular ben desenvolvido e equilibrado coa parte aérea, para produción de froito, enxertado cunha das variedades das sinaladas no anexo VIII desta orde.

Número

F103

Unidade planta Castanea X hybrida (maior de 0,5 m) cun sistema radicular ben desenvolvido e equilibrado coa parte aérea, para produción de froito, enxertado cunha das variedades das sinaladas no anexo VIII desta orde.

Número

F48

Implantación vexetal

Plantación manual dunha planta de castiñeiro híbrido resistente/sativa enxertado e acondicionamento de compartimento onde se fixo unha preparación previa do terreo.

Número

F19

ha de fertilización (inclúe fertilizante e man de obra).

Número

F17

Plantación manual dunha planta de castiñeiro híbrido resistente/sativa enxertado sobre aburatamento.

Número

F41

Protección da planta mediante protectores e titores

Unidade de protector de planta igual ou superior a 80 cm, incluso colocado.

Número

F87

Unidade de titor para castiñeiro para froito, incluso colocado.

Número

F100

Sementeira de especies herbáceas

ha de espedrado, terreo de cultivo, con angazo 10-12 dentes.

Número

F98

ha de emenda calcaria (inclúe cal e man de obra) cunha dose de 3.000 kg/ha.

Número

F102

ha sementeira especies herbáceas en pasteiros 40 kg/ha.

Número

F101

ha de pase de rolo.

Número

M15

Outras actuacións subvencionables

Metro lineal de peche mediante poste de madeira tratada de 6-8 cm de diámetro e 2 m de altura cada 5 m e malla cinexética.

Número

P89

Tope €/ha proxecto.

Número

M51

Unidade de panel identificativo.

Número

C1

Rozas en soutos tradicionais de castiñeiro

ha de roza manual.

Número

C2

ha de roza mecanizada.

Número

M63

Aumento da densidade dos soutos tradicionais mediante a plantación de castiñeiro

Apertura dun burato de dimensións mínimas de 40 cm × 40 cm × 40 cm.

Número

M64

Unidade planta Castanea sativa Mill. (maior de 0,5 m) cun sistema radicular ben desenvolvido e equilibrado coa parte aérea, para produción de froito, enxertado cunha das variedades das sinaladas no anexo VIII desta orde.

Número

F103

Unidade planta Castanea X hybrida (maior de 0,5 m) cun sistema radicular ben desenvolvido e equilibrado coa parte aérea, para produción de froito, enxertado cunha das variedades das sinaladas no anexo VIII desta orde.

Número

C41

Unidade de protector de planta, igual ou superior a 80 cm, incluso colocado.

Número

C87

Unidade de titor para castiñeiro para froito, incluso colocado.

Número

C17

Unidade plantación manual dunha planta de castiñeiro híbrido resistente/sativa enxertado sobre aburatamento.

Número

C18

Eliminación de abrochos secundarios ou chupóns no souto de castiñeiros

ha de eliminación de abrochos secundarios ou chupóns en soutos de castiñeiros e aplicación de tratamento sobre os cortes para favorecer a cicatrización e previr a súa colonización con axentes patóxenos externos (funxicida de acción preventiva, produtos a base de cobre, pasta protectora natural, etc.).

Número

F104

Tratamento do extracto arbóreo secundario

Unidade de árbore cortada, previamente sinalada, de especies distintas do castiñeiro, e/ou eliminación de castiñeiros non produtivos ou enfermos cun diámetro normal superior a 7 cm, incluída a corta polo pé, tronzado, amoreamento e estalado/retirada dos restos.

Número

M36

Xestión dos restos dos tratamentos

ha de eliminación ou extracción dos restos dos tratamentos.

Número

C21

Outras actuacións no sotobosque

ha de emenda calcaria (inclúe cal e man de obra) cunha dose de 3.000 kg/ha.

Número

C19

ha de fertilización (inclúe fertilizante e man de obra).

Número

C100

ha de espedrado, con angazo 10-12 dentes.

Número

F105

Loita integrada contra pragas en soutos

Unidade de trampa con feromona sexual sintética, incluída colocación e monotorización da curva de voo, contra o verme da castaña (Cydia sp., Pammene sp., ...).

Número

M15

Outras actuacións subvencionables

Metro lineal de peche mediante poste de madeira tratada de 6-8 cm de diámetro e 2 m de altura cada 5 m e malla cinexética.

Número

P89

Tope €/ha proxecto.

Número

M51

Unidade de panel identificativo.

Número

A seguir, xúntase exemplo ilustrativo da información alfanumérica asociada ás entidades vectoriais (polígonos):

Cod.

Sub_Cod.

Cod_exp

Prov

Conc

Agreg

Zona

Políg

Parc

Recin

Sup_tot

Uso

Sup_Act

Act.

Cod_esp

Mouteira

1

1

23150150_2024

15

15026

0

0

25

125

3

7,78

FO

1,3

F2-F17-F18-F41-F87

B28

1

1

2

23150150_2024

15

15026

0

0

25

125

3

7,78

FO

0,1

F17-F18-F41-F87

B28

1

A información do campo «Sup_Act», resultante do cruzamento co Sixpac do ano 2024 que debe facer o solicitante, deberá ser plenamente coincidente cos datos da solicitude. No campo «Act» deberán pórse todas as actuacións que se leven a cabo nesa superficie.

O panel e as infraestruturas lineais (peche) non ocupan rexistros propios, van na parcela correspondente (o panel adxudicarase ao mesmo recinto que no proxecto), xunto coas unidades de superficie de actuación. Na táboa «csv» seguinte deberá aparecer na columna «uds» o seu valor correspondente, segundo o caso, da mesma maneira que outras unidades de obra coma a planta.

A maiores do anterior, deberase presentar tamén un arquivo en formato «csv» (campos separados por punto e coma) cuxo nome sexa o código completo do expediente coa separación do ano mediante guión baixo. No caso de non ter o número de expediente de axudas poñerase o NIF do solicitante sen letra e o ano (23150001_2024.csv/77777777_2024.csv, da mesma maneira que noutros arquivos xa vistos, coa seguinte estrutura:

Cod.

Cod_Act.

Uds.

Coste/Ud. (sen IVE)

Imp. total (sen IVE)

1

F2

1,3

641,89

834,46

1

F17

70

1

F18

70

1

F41

70

1

F87

70

O custo/ud. non poderá superar o recollido no anexo IX da orde para cada unidade de obra.

O código da actuación será o recollido na táboa xa vista.

As unidades superficiais, irán en hectáreas arredondadas a dous decimais, separados usando (,), non punto (.), e corresponderanse coas que se van facer no recinto do arquivo «shapefile» presentado (O campo «Cod» é o mesmo). En cada liña da táboa para un mesmo «Cod» só pode ir unha actuación.

O resto de datos numéricos (importes) redondearanse tamén a dous decimais, separados usando (,), non punto (.), e non deberán ter separador de millares. Deberán ser valores, non fórmulas. É dicir, que se son produto dun cálculo mediante unha fórmula, deberán copiarse e pegarse (pegado especial...) sobre a mesma cela como «valores».

A orde das columnas na táboa é moi importante para o tratamento dos datos, polo que non se poderá variar. As liñas deberán vir ordenadas polo seu «Cod» de menor a maior. No caso de non axustarse ao pedido, non se poderán cargar os datos de maneira automática no programa de xestión informática das axudas forestais e, polo tanto, tampouco poderá continuarse coa tramitación do expediente.

ANEXO XII

Paneis e placas

missing image file

Nota: o logotipo da empresa executora pódese incluír, pero non pode estar ao carón do logo da Unión Europea.

Dimensións aproximadas do panel: A3 (altura 297 mm, longo 420 mm).

Ten que localizarse nun lugar visible.

Publicación en medios de comunicación ou soporte dixital.

No suposto de publicidade en medios de comunicación, deberá incluírse o emblema oficial da Xunta de Galicia, o logotipo da Consellería do Medio Rural, o emblema da UE cunha declaración de financiamento adecuado que diga «Financiado por la Unión Europea-NextGenerationEU», o emblema do Goberno de España, o logotipo do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e o logo do PRTR, dispoñible na ligazón https://planderecuperacion.gob.es/identidad-visual

As placas serán de material resistente (ríxido ou semirríxido) e non é admisible a simple impresión en papel. Colocaranse sempre nun lugar visible ao público.