DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 14 de maio de 2024 Páx. 29076

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 17 de abril de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento BS618D (expediente 15073005223E).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación da resolución do recurso de alzada ditada no procedemento no último domicilio da persoa interesada citada no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázase para ser notificada do dito acto administrativo.

Así, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da data de publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderá comparecer para ter coñecemento do contido íntegro da referida resolución e do seu expediente advertíndolle que, de non facelo, terase por efectuada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

A persoa interesada poderá comparecer persoal ou debidamente representada na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Esta resolución pon fin á vía administrativa, e contra ela poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o órgano xudicial competente no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación, efectuada por comparecencia, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 17 de abril de 2024

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS618D

Nº de expediente

DNI/NIE/ID

Resolución do recurso de alzada

Data da resolución

15073005223E

52933163C

Desestimación

22.3.2024