DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 21 de maio de 2024 Páx. 30294

III. Outras disposicións

Xunta Electoral Provincial da Coruña

ACORDO do 16 de maio de 2024 polo que se acorda a publicación da Comisión de Radio e Televisión para as eleccións ao Parlamento Europeo, convocadas polo Real decreto 363/2024, do 9 de abril.

A Xunta Electoral Provincial da Coruña acorda publicar no Diario Oficial de Galicia a composición da Comisión de Radio e Televisión.

A Comisión de Radio e Televisión constituíuse e está formada polas seguintes persoas:

– Silvia Seixas Naia, presidenta.

– Ángel-Manuel Castiñeira Castro, secretario.

– Antón Baldomir Vilela, vogal.

– Manuel Seijas Caamaño, vogal.

A Coruña, 16 de maio de 2024

Francisco Javier Pedreira Sánchez
Secretario da Xunta Electoral Provincial da Coruña