Mediante a Resolución do 3 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 132, do 12 de xullo), convocouse o proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal fixo na categoría de persoal enfermeiro especialista na especialidade de saúde mental.
Mediante a Resolución do 21 de setembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 188, do 3 de outubro) declarouse con carácter provisional as persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso selectivo.
A base sexta da resolución de convocatoria establece un prazo de emenda para as persoas que, tendo presentado debidamente a solicitude de participación no proceso, non consten como admitidas nin excluídas na relación publicada, así como para poder corrixir o defecto que motivou a exclusión.
Na base sétima da dita resolución disponse que o tribunal cualificador será nomeado pola autoridade convocante, e publicarase para este efecto a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.
Logo de finalizado o prazo de emenda previsto na base sexta e de conformidade coas bases sexta e sétima da resolución de convocatoria, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,
ACORDA:
Primeiro. Declarar, con carácter definitivo, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso, á condición de persoal fixo da categoría de persoal enfermeiro especialista na especialidade de saúde mental, convocado pola Resolución do 3 de xullo de 2023.
Segundo. As listas coa relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as, con indicación do motivo de exclusión, poderanse examinar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
Terceiro. Nomear, con efectos da data desta resolución, os membros do tribunal, titulares e suplentes, que xulgarán o proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o ingreso, na categoría de persoal enfermeiro especialista na especialidade de saúde mental (quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral), convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 3 de xullo de 2023, e que se relacionan no anexo desta resolución.
Cuarto. Declarar de aplicación a este proceso as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e do persoal colaborador, negociadas e aprobadas na Mesa Sectorial de Sanidade, que sexan de aplicación atendendo ás particularidades do proceso, á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
Quinto. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 8.2 e 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpor recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun (1) mes contado desde a mesma data.
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2024
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
ANEXO
Enfermeiro/a especialista en saúde mental
Presidente titular |
Andrés Fernández Iglesias |
Persoal estatutario diplomado |
Enfermeiro especialista en saúde mental |
Secretaria titular |
María José Ríos Carro |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Grupo xestión da función administrativa |
Vogal titular |
José Antonio Carreira Losada |
Persoal estatutario diplomado |
Enfermeiro especialista en saúde mental |
Vogal titular |
Belén Maside Oliete |
Persoal estatutario diplomado |
Enfermeira especialista en saúde mental |
Vogal titular |
María del Carmen Vallejo Curto |
Persoal estatutario diplomado |
Enfermeira especialista en saúde mental |
Presidente suplente |
José Miguel López Troncoso |
Persoal estatutario diplomado |
Enfermeiro especialista en saúde mental |
Secretario suplente |
Daniel González Ramos |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Grupo xestión da función administrativa |
Vogal suplente |
Lorena Sobaco Abad |
Persoal estatutario diplomado |
Enfermeira especialista en saúde mental |
Vogal suplente |
Ramón Servando Veiga Freire |
Persoal estatutario diplomado |
Enfermeiro especialista en saúde mental |
Vogal suplente |
Belén Rodríguez San Adrián |
Persoal estatutario diplomado |
Enfermeira especialista en saúde mental |